Mariano Otero Castelao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariano Otero Castelao
 Rianxo
Falecemento12 de febreiro de 1986
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Mariano Manuel Otero Castelao, nado en Rianxo e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1986,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era curmán de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Na Segunda República foi concelleiro en Rianxo en marzo de 1936. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Rianxo, pero logrou escapar do cárcere coa axuda dun falanxista amigo. Estivo fuxido ate 1938, cando se presentou ao Gobernador civil de Pontevedra. Instalouse en Vigo, onde traballou como xastre e fixo amizade con Xosé Velo. En decembro de 1942 foi detido, sufriu malleiras e tiveron que extirparlle o bazo. Foi condenado a 3 anos de cadea, saíndo en liberdade vixiada aos 20 meses. En marzo de 1945 foi novamente detido acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Comesaña, Leandro Aroca, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González e Rosa González Calvo. Pasou despois un ano agochado con Xosé Velo en Moreiras, até que logrou pasar a Portugal, onde embarcou cara Venezuela. Pertenceu a directiva do Lar Gallego. Retornou a Galicia. Foi expulsado de España en tres ocasións. En 1966 seguía vixente a orde de prohibición de entrada. Instalouse definitivamente en Vigo en 1970. Pero ante a constante vixilancia da brigada político social, marchou para A Coruña, onde faleceu aos 76 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Encarnación Fuentes Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-2-1986, p. 59.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos, Xesús (27-4-2007). "Mariano Otero Castelao, ou unha detención que non cesa". La Voz de Galicia: L8. 
  • Santos, Xesús; Comoxo, Xosé (2010). Deputación da Coruña, ed. Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939). 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]