Xoán Eiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Eiriz
Biografía
Nacemento(gl) Xoán Eiriz López Editar o valor em Wikidata
1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , profesor de música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e cantautor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Facebook: xoan.eiriz Twitter: XEL56 Instagram: xoaneiriz Discogs: 5421280 Editar o valor em Wikidata

Xoán Eiriz, nado na Coruña en 1956, é un cantante, compositor e profesor de música galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria musical vén marcada polo seu compromiso coa lingua galega[2], bebendo na música popular para desde eses rexistros achegala ó pop, sen perder a raíz do folk de tradición galega.

Xoán Eiriz comeza a súa traxectoria no ano 1988, con cancións que van desde a música popular galega a composicións e adaptacións propias, tendo sempre presentes ós poetas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Fermín Bouza Brey, Manuel María, Andrés Dobarro, Luís Álvarez Pousa, Prudencio Romo, Xosé L. Rivas Cruz, Xosé Díaz Jácome, Xosé Manuel Lueiro, Ricardo Ceratto, Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo, Sancho I O Vello; a poetas contemporáneos como Toño Núñez[3] e Suso Díaz[4], dos que publicou discos cos seus poemas, sen esquecer a Federico García Lorca.

Na súa teima por achegar á lingua galega[5] cancións da música internacional adaptou pezas en castelán de Agustín Lara, Carlos Cano, Manuel Alejandro, Carlos Gardel, Cesar Portillo, Ariel Ramírez e Félix Luna, Leonardo Schultz, Leonardo Favio; do italiano Jimmy Fontana; do francés: Jacques Brel, M. Sardou, Albinoni, Lara Fabian; do inglés: Leonard Cohen, Johnny Christopher e Mark James e Wayne Carson, Claude François e Jacques Revaux (autores do famoso My Way) que cantou en galego como Ao meu xeito; sen esquecer a música portuguesa e brasileira interpretando adaptacións de Amalia Rodrigues e Roberto Carlos.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Sentimientos[6] (1988)
  • Amiga, amada (1990)
  • Xoán Eiriz (1992)
  • Na miña fala (1992)
  • Eu voute amar (1993)
  • Azul (1996)
  • Amores Ei (1998)
  • Lelías[7] (1999)
  • 30 anos e unha canción de amor[8] (2012)
  • Dende as cordas do meu corazón[9][10][11] (2014)
  • Verbas no vento[12][13] (2016)
  • Máis sentimentos[14][15] (2018)
  • Poemas de amor en outono[16], do libro homónimo de Toño Núñez (2020)
  • Amada Rosalía[17][18][19], poemas do libro homónimo de Suso Díaz (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nacho Mirás Fole (31 de agosto de 2009). "Xoán Eiriz: «Os cantautores estamos na uvi»". La Voz de Galicia. Archived from the original on 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2018. 
  2. "PEQUENA BIOGRAFÍA: Nome artístico: Xoán Eiriz. Cantautor de música lixeira e popular.". 07/08/2012. Consultado o 04/09/2022. 
  3. "A poesía de Toño Núñez e a voz de Xoán Eiriz van da man tras un encontro espontáneo". 31/01/2020. Consultado o 04/09/2022. 
  4. "Xoán Eiriz: "Eu sempre tento beber do pop co obxectivo de chegar á xente nova"". 28/03/2022. Consultado o 04/09/2022. 
  5. "Xoán Eiriz: 'Partirei cantando na fala de Cunqueiro". 10/09/2012. Consultado o 04/09/2022. 
  6. "Actuación de Xoán Eiriz na Televisión de Galicia en 1987". 21/05/1987. Consultado o 04/09/2022. 
  7. "Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto". 03/06/2009. Consultado o 04/09/2022. 
  8. "Xoán Eiriz presenta “Trinta anos e unha cantiga de amor” no Fórum". 18/05/2012. Consultado o 04/09/2022. 
  9. "Xoán Eiriz presenta un repertorio internacional no seu novo disco". 20/02/2014. Consultado o 04/09/2022. 
  10. "La voz en gallego de Xoán Eiriz". 07/08/2014. Consultado o 04/09/2022. 
  11. "Xoán Eiriz canta por primeira vez o repertorio galego portugués no Ágora". 19/07/2013. Consultado o 04/09/2022. 
  12. "Las canciones de Xoán Eiriz inauguran el espacio solidario La Nave de Alcabre". 13/07/2019. Consultado o 04/09/2022. 
  13. "Entrevista a Xoán Eiriz". 07/05/2017. Consultado o 04/09/2022. 
  14. "XOÁN EIRIZ , CANCIÓNS DE SEMPRE EN "MÁIS SENTIMENTOS"". 30/10/2018. Consultado o 04/09/2022. 
  15. "Xoán Eiriz, "Máis sentimentos" trinta anos despois do seu primeiro disco". 16/12/2018. Consultado o 04/09/2022. 
  16. ""Poemas de amor en Outono", Xoán Eiriz". 26/12/2019. Consultado o 04/09/2022. 
  17. "Xoán Eiriz: "Presentamos un proxecto arriscado, cantar a Rosalía de Castro non é sinxelo"". 03/02/2022. Consultado o 04/09/2022. 
  18. "Xoán Eiriz: «Non foi fácil aceptar cantar a Rosalía»". 26/01/2022. Consultado o 04/09/2022. 
  19. "“Mentres sigan comprando a miña música, tomarei con moita disciplina o meu traballo”". 23/05/2022. Consultado o 04/09/2022. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.