Saltar ao contido

Xián (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xián o Hospitaleiro, en Romai, Portas.

Xián[1][2][3] (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.[2] En galego tamén conta coas variantes Xiao,[4] Xillao,[4] Xullán[4] e Xulián.[4]

En xaneiro de 2023 existían 1.180 varóns en Galicia co nome Xián, cunha media de idade de 11,5 anos,[5] 60 co nome Xiao, cunha media de idade de 14,6 anos[6] e 39 co nome Xulián, cunha media de idade de 25 anos.[7] Non hai persoas rexistradas coas variantes Xillao ou Xullán.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro, de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Outros:

  • Jolyon
  • Julijan
  • Juliyan
  • Julien
  • Julyan
  • Juleane
  • Julean
  • Juliaan
  • Julianne
  • Julion
  • Julyin
  • Julyon
  • Julienn
  • Julienne
  • Jullien
  • Jullin
  • Julyen
  • Jülyen
  • Jullian
  • Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
  • Juljan
  • Iulian
  • Iulică
  • Turiano
  • Lulo
  • Juli
  • Gabelica

Persoeiros

[editar | editar a fonte]

Antigüidade

[editar | editar a fonte]
  • Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
  • Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-02. 
  5. Nome Xián na Web do Intituto Galego de Estatística
  6. Nome Xiao na Web do Intituto Galego de Estatística
  7. Nome Xulián na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]