Julián Martínez Larrán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1928 Vigo, España |
Morte | 13 de maio de 2009 (80 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Julián Martínez Larrán, nado en Vigo o 17 de maio de 1928 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 2009, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nos Maristas de Vigo e Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Dereito Mercantil e Dereito Procesal na Escola San Raimundo de Peñafort de Vigo. Foi membro da Unión Democrática Española e presidiu o IV congreso de AP en Galicia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular. Pertenceu ao Consello Social da USC (1987-1992). Finou en Vigo o 13 de maio de 2009.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 13-5-2009, p. 58.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 229–232. ISBN 84-7507-044-2.