Romai, Portas
Romai | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xián de Romai | |
Concello | Portas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°33′16″N 8°40′53″O / 42.55454702, -8.68141903Coordenadas: 42°33′16″N 8°40′53″O / 42.55454702, -8.68141903 |
Poboación | 958 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xián de Romai é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o IGE en 2010 tiña 979 habitantes (518 mulleres e 461 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 997 habitantes. Actualmente esta tendencia de declive foise moderando e manténdose unha correcta relación entre a taxa de natalidade e de mortalidade no 2015.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Houbo un poboado castrexo no Peso, en Romai Vello. Nel atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo de Pontevedra.
A igrexa parroquial é de orixe románica. A fachada ten a portada de arco apuntado e dobre arquivolta. No interior do templo hai un arco triunfal de medio punto. Preto do templo hai un cruceiro coa imaxe da Virxe das Dores, e hai outro máis no lugar de Cubelo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Romai[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Romai no concello de Portas (Pontevedra) | |
---|---|
A Cachada | A Costa | Bacelo | Chan de Outeiro | Covelo | Currás | Frieiro | Mourigán | O Casal | O Castro | Porto do Salto | Quintáns | Romai Vello | Tarrío | Tras do Río | Vilavedra | Xagobe |
Parroquias de Portas[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Portas | |
---|---|
Briallos (San Cristovo) | Lantaño (San Pedro) | Portas (Santa María) | Romai (San Xián) |