Saltar ao contido

Traballador independente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Freelance»)

Un traballador independente, traballador freelance, traballador freelancer ou freelancer é unha persoa que traballa por conta propia nunha profesión, ofrecendo o seu traballo a outros ou aceptando encargos deles, normalmente cobrando por traballo entregado e sen vinculación contractual expresa.

Características

[editar | editar a fonte]

Os campos onde é común o traballo freelance inclúen o xornalismo e outras formas de escrita, a programación informática, o deseño gráfico, a consultoría, a fotografía e moitos outros servizos profesionais e creativos. A etimoloxía da palabra deriva do termo medieval inglés usado para un mercenario, (free-lance ou lanza-independente), é dicir, un cabaleiro que non servía a ningún señor en concreto e cuxos servizos podían ser alugados por calquera.

A práctica freelance varía moito duns traballadores a outros: mentres algúns requiren aos seus clientes a sinatura de contratos escritos, outros poden realizar o traballo en base a acordos verbais. Algúns freelancers poden proporcionar estimacións escritas do traballo e solicitar anticipos a conta dos seus clientes, mentres para outros isto non é práctico ou necesario. O pago do traballo independente tamén varía moito duns casos a outros: algúns poden facturar por día ou hora de traballo, mentres que outros van cobrando segundo o traballo realizado ou mesmo ao terminar este.

Internet abriu moitas posibilidades para os freelance, especialmente para aqueles que traballan en países con man de obra barata, normalmente dedicados á programación informática e tecnoloxías da información en xeral.

Valoración do traballo dos freelancers

[editar | editar a fonte]

O traballo de freelancer reserva sorpresas tanto positivas como negativas. Entre as positivas podemos citar a liberdade de horario, a flexibilidade de orzamentos e os desafíos constantes, provocados polos cambios sucesivos de ambiente de traballo. Porén, existen obstáculos algunhas veces como a falta de liquidez financeira, o escaso recoñecemento social e a captación de novos proxectos.

Tense considerado que a maneira máis atinada de evitar estes contratempos é percorrer a un ciclo inicial de planeamento persoal, que inclúa pequenos puntos de verificación ao longo do traxecto. Este planeamento tenderá a ser maior ou menor, de acordo coa área escollida.

Postos ocupados por freelancers

[editar | editar a fonte]

É común que os traballadores freelancer desenvolvan funcións como: