Os saltimbanquis no paraíso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os saltimbanquis no paraíso
Autor/aXelís de Toro
CubertaFausto C. Isorna
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónMedusa
Xénero(s)novela
EditorialSotelo Blanco
Data de pub.1999
Formatorústica con lapelas
Páxinas224
ISBNISBN 84-7824-345-3
editar datos en Wikidata ]

Os saltimbanquis no paraíso é unha novela escrita por Xelís de Toro, publicada en 1999 por Sotelo Blanco. No ano 2000 acadou o premio Arcebispo San Clemente.

Trama[editar | editar a fonte]

Vicente é un mozo galego que vive en Londres, emigrado coa súa familia sendo mozo. Trala morte de seus pais, vive nos ambientes marxinais dos squat (casas ocupadas) con tres amigos cos que fai funcións malabares e circenses. Logo de atracaren un establecemento, vense obrigados a "saír do mapa", e el e dous máis deciden marchar á súa vila natal, na costa galega.

Os seus amigos intégranse na sociedade da aldea onde viven, pero Vicente ten unha crise de identidade, e decide regresar e ver se as cousas están ben por Londres. Alí descobre que Lizard, o cuarto amigo, ocupou en certo modo o seu lugar.

Tralo seu regreso a Galiza, enfermo, emparéllase cunha antiga moza, pero pouco a pouco vai sufrindo unha metamorfose persoal.

Narración[editar | editar a fonte]

O libro está narrado en terceira persoa, cun narrador omnisciente, que coñece os pensamentos e setimentos dos personaxes, especialmente do protagonista.

O tempo da narración abrangue aproximadamente un ano, desde agosto até o verán seguinte.

O espazo está moi ben definido, tanto nos diferentes barrios do sur de Londres (especialmente Brixton), até a vila galega. Asemade, hai unha fonda descrición das respectivas paisanaxes: desde os inmigrantes londinienses de diferentes procedencias e clases, até a poboación oriúnda da vila galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]