William Klein
William Klein | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de abril de 1928 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Francia |
Alma máter | Universidade de París e City College of New York |
Ocupación | fotógrafo, cineasta, director de cinema, fashion photographer, guionista e realizador |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Prêmio internacional da Fundação Hasselblad e Lucie Award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William Klein (nado o 19 de abril de 1928 en Nova York) é un pintor, director de filmes e fotógrafo estadounidense que porén desenvolveu case toda a súa carreira en París, onde vive. Foi alcumado bad boy.
Destacou fundamentalmente como fotógrafo, especialmente das series dedicadas ás grandes cidades: Nova York, Roma, Moscova, Toquio e París, onde vive dende 1948. Se houbese que sinalar unha imaxe de Klein sobre todas as demais estaría sen dúbida a titulada Gun 1[1] pertencente á serie de Nova York, e na que se pode ver un neno apuntando cunha pistola directamente á cámara. O seu traballo influíu noutros artistas como Helmut Newton, Frank Horwath, David Bailey ou Jeanloup Sieff e tamén deixou unha forte pegada na fotografía de moda.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dunha familia de inmigrantes xudeus en Manhattan, Nova York, William Klein estudou socioloxía e con dezanove anos marchou para París co exército estadounidense, onde chega o 13 de xullo de 1947. Na capital francesa entra primeiramente no obradoiro de André Lhote (coma Henri Cartier-Bresson), e logo no de Fernand Léger.
Logo iniciou a súa carreira fotográfica, e asemade ía dando os seus primeiros pasos no cinema con curtametraxes individuais ou dirixidas con Louis Malle. A principios dos anos cincuenta, Klein expón pinturas xeométricas abstractas, na liña de Léger. Pero tamén é nese tempo onde realizará as súas obras mestras na fotografía.
Entre 1954 e 1955 obtén as imaxes da súa serie de Nova York, que revolucionarían as publicacións fotográficas pola súa mestura de poesía, humor negro e crítica social. Innovou na técnica, incorporando graos, borrosos, encadramentos nesgados... pero tamén no procedemento, pois botábase á rúa disparando ao chou, e non revisaba o traballo feito ata o día seguinte. Fronte á obxectividade, que era un dos dogmas fotográficos do momento, Klein decidiu facerse ver, intervir e poñer en evidencia a actitude da xente fronte á cámara.
O libro, editado nun formato peculiar, con grandes tipografías e distribuíndo varias imaxes na mesma páxina a xeito de tira cómica, Klein tentouno publicar nos Estados Unidos co título A vida é boa, e é boa para ti en Nova York. Así que se publicou ao ano seguinte, 1956, en París, en edición francesa pero con coedicións en inglés e italiano. A obra obtivo o prestixioso Premio Nadar en 1957.
Paralelamente Klein seguía desenvolvendo o seu labor como cineasta, e foi chamado por Federico Fellini para que fose o seu asistente. Dese tempo é precisamente o álbum Roma (1958). Na súa carreira, como director, que comeza nese ano con Broadway á noite, destacan os documentais políticos, especialmente sobre persoeiros negros, e os filmes publicitarios.
En 1983 e en 2005, o Centre Pompidou lle consagrou senllas exposicións. As súas imaxes de Nova York puidéronse ver en Santiago de Compostela entre abril e xuño de 1997.
Obra[editar | editar a fonte]
Documentais[editar | editar a fonte]
- Broadway by Light (1958)
- Les troubles de la circulation (1962)
- Le buisness et la mode (1962)
- Les français et la politique (1962)
- Gare de Lyon (1963)
- Aux grands magasins' (1964)
- Loin du Viêt Nam (1967) : filme colectivo (Godard, Marker, Lelouch...)
- Muhammad Ali, the Greatest (1969) : Float Like a Butterfly, Sting Like a Bee
- Eldridge Cleaver' (1970) : Les black Panthers
- Hollywood, California: A Loser's Opera' (1977)
- Grands soirs & petits matins (1978) :
- The Little Richard Story (1980) : comme son nom l'indique
- The French (1982)
- Contacts (1983)
- Ralentis (1984)
- Mode in France (1984)
- Babilée '91 (1992) : balé filmado
- In and out of fashion (1994)
- Le Messie (1999) : sobre o Mesías de Händel
Filmes de ficción[editar | editar a fonte]
- Qui êtes-vous, Polly Maggoo? (1966) : sátira ambientada no mundo da moda (Pemio Jean Vigo)
- Mr. Freedom (1969)
- Le Couple témoin (1977)
Álbums[editar | editar a fonte]
- New York (1956)
- Life is good and good for you in New-York : Trance Witness Revels (1958)
- Rome (1958)
- Moscou (1964)
- Tokyo (1964)
- Mister Freedom" (1970)
- Close up (1989)
- Torino '90 (1990)
- Mode in & out (1994)
- New York 1954-55 nova edición aumentada (1995)
- William Klein Films (1998)
- Paris + Klein (2002)
- MMV Romani (2005)
- William Klein, rétrospective (2005)