Wikipedia:Votacións para borrar/Biografías de persoas centenarias
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Biografías de persoas centenarias
[editar a fonte]Votación PECHADA: Votación para borrar as biografías de persoas centenarias
Período de votación: 13 de decembro 2017 - 9 de xaneiro 2018
SI: 5 — NON: 1 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Esta é unha votación para borrar unha lista de artigos que comparten as mesmas características. Creo que se pode solucionar cunha votación conxunta, pero tamén se podería, se se ve axeitdo, salvar algún:
- Antonio Arenosa Rodríguez
- Antonio Docampo García
- Evaristo Fernández García
- Antonio García Espiño
- Gumersinda García Rodríguez
- Manuela Golán Juncal
- Jesús González González
- Francisco Lestegás
- Ramona Taboada López
Información: Motivos para o borrado: Nunha votación anterior, hai máis de tres anos, a comunidade decidiu que os artigos sobre as persoas centenarias debían ser borrados porque non tiñan entidade. Eu fora o autor dalgún deles, pareceume ben, e refixen o artigo en Supercentenarios galegos, incorporando as súas bios.
Porén, o tempo foi pasando. Eu mesmo creei Avelina Mouzo Leis de novo, porque a súa importancia histórica é cada vez máis notable: non só é a persoa máis vella de Galicia durante 5 anos, senón que é a segunda persoa máis vella da historia de Galicia e unha das poucas supercentenarias; ademais, as persoas máis antigas de cada país adoitan ter artigos en todas as úas wikipedias, e a figura de Avelina Mouzo está cada vez máis documentada e apoiada na bibliografía.
Mais despois diso ou en paralelo a iso, Krisko e non sei se outras usuarias foron creando as biografías doutras persoas centenarias, que non eran as máis vellas de Galicia, nin tiñan record ningún. De maneira que agora mesmo o resultado non é coherente. Pregunteino na Taberna e nunha primeira consulta indicáronme que deberían borrarse os artigos, e por iso abro a votación, para darlle formalidade e consenso á votación.
Os argumentos a prol de borrar estes artigos é que son persoas que habitualmente teñen pouca relevancia persoal e para os que é difícil artellar artigos con referencias abondas. Ademais, se baixamos o limiar a "centenarios", como está agora, teremos moitas persoas (supercentenarios >110, centenarios >100), coa tendencia de ir a máis. A favor de mantelos é que son persoas tamén importantes, que non escribiron libros, nin fixeron guerras, nin dirixiron sindicatos, pero viviron cifras importantes de anos en Galicia. E son labregas e señoras do común, que tamén completan a visión do ser humano que representa unha enciclopedia coma esta.
A miña proposta, que é a que someto a votación, é:
- Suprimir e fusionar todos os artigos individuais de persoas centenarias nun, sobre persoas supercentenarias e centenarias
- Manter unicamente como biografías individuais aqueles de supercentenarias que foron (ou son) as persoas máis lonxevas de Galicia ou mesmo España (as detentoras dos records), e que son unicamente estas tres Francisca Barracel, Carmela Figueiró e Avelina Mouzo Leis. Temos bastantes datos das tres, e bastante ben referenciados.--Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de decembro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de decembro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:45 (UTC)[responder]
- Borrar e fusionar os artigos dos centenarios, e manter os tres dos súper centenarios como artigos individuais. --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2017 ás 12:38 (UTC)[responder]
- Borrar. Agás que algunha/algún conseguira algún fito persoal non teñen porqué ter artigos. Considero que que chegasen a esas idades non é de interese enciclopédico.Mgl.branco (conversa) 2 de xaneiro de 2018 ás 22:50 (UTC)[responder]
- Borrar. Se non fixeron nada enciclopedicamente relevante nin son famosos por algo non ten sentido unha páxina propia. Outra cousa é que algún ou algúns deles batesen récords de idade (por iso a dos supercentenarios está mellor, e pódese manter). Tal como está a demografía e o adianto da medicina e condicións de vida, dentro de pouco ser centenario non será nada fóra do común. E por que non facer páxinas dos que chegaron a 80, 90 etc? Non tería sentido. Non é cuestión do tamaño do artigo senón da súa relevancia enciclopédica. Para ter páxina hai que ser famoso ou relevante por algo (ás veces por unha chorrada, pero que che deu sona), pero a única xustificación da páxina non pode ser que cumpriron 100 anos.--Miguelferig (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter todos. ☣Banjo tell me 14 de decembro de 2017 ás 12:30 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Por máis voltas que lle deu, non o teño claro. --Atobar (conversa comigo) 3 de xaneiro de 2018 ás 10:44 (UTC)[responder]
- Comentarios