Usuario:Rañolas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Rañolas é ruralita.

A Rañolas gústalle pisar enriba da herba e desagrádalle o cemento. O que máis lle gusta do seu habitat é non ter que andar polos camiños trazados, poder avancar polo monte e xerar camiños novos cos seus pasos, carreiriños entre a herba.

Rañolas non gusta de cruza-la rúa cando unha luciña verde llo indica e ficar parado cando a luz está vermella, pero fódese e faino.

Onde vive Rañolas algúns carreiros aínda se conservan porque Rañolas segue a andar por eles. E faille gracia que ó feito de andar polos carreiros se lle chame sendeirismo.

Andar polo monte sempre foi andar polo monte.

Rañolas(talk) 11:10 28 Xul, 2005 (UTC)


Rañolas estivo ausente porque emigrou a traballar en GaliciaWiki, todo o mundo da Galipedia está invitado.