Conversa usuario:MPereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A miña Paxina pa disucsións.

Benvido(a) á Galipedia, MPereiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Vexo que tes pensado emprende-las co concello de Sarria (no que hai moito que facer) por elo anímote a que vaias a modo. Sen embargo e conveniente que sigas unhas pautas de distribución nos aspectos dos artigos que podes olla nos concellos de Ribadeo, Baleira, Abadín e algun outro, xunto con sitas parroquias. Polo demáis, desexarche que te sintas coma na túa propia casa. Saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:42, 20 novembro 2005 (UTC)

Sarria[editar a fonte]

  • En primeiro lugar únome ó saúdo de benvida. É moi importante para o proxecto contar con novos colaboradores. Sobre os artigos relacionados cos concellos dicir que ao crealos pretendiamos que persoas dos propios concellos seguiran traballando neles, por iso a túa proposta sobre Sarria resulta moi valiosa para a mellora do artigo. Polo tanto adiante coa edición!. Como dicia Xelo2004 basta con seguir o formato pero se tes algunha dúbida estamos para axudarche. E se podes comezar a publicar todo o queiras de Sarria antes na Galipedia que noutra wikipedia moito mellor ;-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:45, 22 novembro 2005 (UTC)
  • Se o que necesitas é o escudo, pois claro que tes o meu permiso (tan soo pedirche que lle fagas consta-la prodecencia do mesmo -e dicir, que proven da wiki galega-); no canto as imaxes, pode haber algunha pero pareceme que foi Agremon quen as colgou. Polo demáis decirche que, adiante co artigo (pero é posible que eu ainda lle dee unha volta para ampliarlle a información ou actualiza-los datos, segundo conveña). Un saúdo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:20, 23 novembro 2005 (UTC)
  • Ola MPereiro, ampliar o artigo con fotografías mellora o resultado pero as fotos só podes subilas se dispós dos dereitos, iso quere dicir que ou ben eres o autor e as licenzas para usarse na Galipedia ou tes permiso do autor para facelo, en caso contrario non cumpren cos requisitos necesarios para poder publicarse aquí (a non ser cos dereitos caducaran). Con respecto ao escudo de Sarria para publicalo noutra wikipedia tes que facer constar a información de orixe e dereitos da imaxe, neste caso basta con copiar o que aparece na páxina de descrición do escudo de xeito literal. Para calquera dúbida que teñas con respecto ás licenzas ou calquera outra cousa deixame unha mensaxe na miña páxina de discusión. Por certo, bo traballo o que fixeches co artigo, parabéns. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:54, 24 novembro 2005 (UTC)
  • Se o podes facer sería un estupendo traballo, precisamente é ese tipo de material o que andamos buscando referidos ós distintos lugares de Galicia. Moitas grazas polo ofrecemento. En canto ao xeito de marcar as fotos en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e en Wikipedia:Política de uso de imaxes tes información, son dous pasos engadir unha caixa con información da imaxe e o marcador da licenza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:31, 24 novembro 2005 (UTC)

Fotos[editar a fonte]

O proceso de engadir unha foto nun artigo ten dúas partes: a carga da fotografía e logo a súa inclusión no artigo. No momento en que cargas a foto co enlace Special:Upload hai a posibilidade de escoller a licenza nunha lista desplegable, se non sabes que licenza escoller podes deixalo tal como está e xa se fará máis tarde. Para poñer a foto no artigo tes instrucións en Wikipedia:Como engadir imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:32, 28 novembro 2005 (UTC)

  • Grazas por cargar as imaxes de Sarria na Galipedia, provisionalmente engadinas no artigo porque non temos ningún artigo sobre os ríos. Se puderas escribir unhas liñas sobre os ríos podiamos poñer as fotos tamén nas súas páxinas, e calquera información que puideras engadir sobre as parroquias de Sarria tamén sería benvida. Moitas grazas polo material que estás a publicar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:03, 28 novembro 2005 (UTC)

Ríos e parroquias[editar a fonte]

  • Seguro que co material que estás preparando os artigos de Sarria han quedar moi completos, segundo vaias facendo xa te comentarei se se da o caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:55, 1 decembro 2005 (UTC)
  • Penso que é mellor que publiques directamente os artigos que dis, se hai algo que cambiar referido ao formato ou ao que sexa xa se fará no que estea publicado. O que estás facendo está moi ben. Con respecto á páxina de termos informáticos coñecía algunha pero agora non me lembro do enderezo, en cando me lembre deixoche unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:10, 2 decembro 2005 (UTC)
  • No caso de que dous ríos coincidan en nome engádese unha segunda palabra como facemos coa toponimia. Se o río só pasa polo Incio será Río Noceda, O Incio. Se atravesa máis concellos a cousa complícase. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:08, 5 decembro 2005 (UTC)
  • En todo o que poida axudar aí me tes. Xa vin que fixeches os artigos deses río púxenlle a categoría [[Category:Ríos de Galicia]] e para organizalos alfabeticamente ponse o nome do río antes da palabra río na ligazón como segue [[Category:Ríos de Galicia|Mao, Río]]. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:39, 5 decembro 2005 (UTC)

escudo de sarria[editar a fonte]

Se o que che pasaron é orixinal, podelo subir, e de paso, se podes, mandame unha copia. Estou a rematar no ano 1808, e queria deixar rematado ata o 1810; Se queres botoche unha man co do concello de Sarria (o igual que lle fixen a Agremón, co de Ribadeo); de feito é un dos que xa teño recabado algunha información que pode axudar bastante. Que opinas? --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:37, 9 decembro 2005 (UTC)

  • esquecerame darte a conta de correo xelo2004_2005Œyahoo.com sustitue (Œ) pola arroba de sempre, fagoo asi para evitar os rastreadores de correos que surcan as paxinas na procura de contas coas que saturar máis tarde con spam e caralladas polo estilo. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:23, 9 decembro 2005 (UTC)
  • Pareceme un tanto estrano que o concello de sarria utilice un escudo con tan baixo colorido, debido a que son deseñador, tomeime a liberdade de darlle un pouco de máis colorido, e un tamaño que ¡como debe de ser!, se estamos a medrar, os escudos debeno de facer tamén e coa mesma o volvin a inxerir. Pódelo ver, e se queres baixarte a grande resolución. Pola miña parte tamén estou a esperar outro de sarria (pero cos colores reais) que aparecerá xunto cunhas publicacións que ando a recoller. Tan presto o teña como te aviso e se ves que tal, volvemolo a sustituir. Polo de agora seguirei cos plans que che comentei o principio e se necesitas algo máis (no que esteña nas miñas mans, so tes que pedilo). Que o disfrutes.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 02:22, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Eu cando empezeu a cargar imaxes, tamén me pasou o mesmo. Tes que ter claro que as imaxes deben de ser dun sitio concreto (e dicir, de sarria en sí: ruas, monumentos, etc.) se polo contrario son de parroquias colindantes (nese caso é mellor ir repartindoas nas que correspondan). Para que te des unha idea podes votarlle unha ollada o seguinte [artigo] e collela sua estructura. Lembra, despacio, pero seguro. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 13:19, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Ola, vin a mensaxe que lle deixases a Xelo, dis que hai un par de imaxes que non son de Sarria, é unha mágoa eliminalas, se sabes de onde son pódense poñer alí ou ben se non o sabes sempre se poden servir para ilustrar outro tipo de artigos, por exemplo sobre o río en concreto que aparece na foto.--Rocastelo(fálame aquí) 13:45, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Moitísimas grazas polo material que acabas de cargar na Galipedia, é unha grande axuda no obxectivo de converter está wikipedia nunha referencia sobre o noso país. Aproveito para facer un pequeno apunte sobre os nomes dos arquivos das fotos para outra ocasión, é preferible que en lugar de números teñan un texto máis descritivo se é posible. Por exemplo: sarria_centro_urbano_1930 ou algo parecido. Bueno ese comentario é unha minucia fronte a calidade do traballo que estás facendo. Espero que sirva de exemplo para que colaboradores doutros concellos poidan tomalo como modelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:12, 10 decembro 2005 (UTC)
  • A ver que che parece este modelo Sarria 0030.jpg para introducir as descricións das imaxes? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:24, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Como xa había unha cantidade de fotografías considerable creei a páxina Galería de imaxes de Sarria para agrupalas alí. En Sarria deixei unhas cantas como se fai cando se divide un artigo de texto, deixase o comezo do artigo e o artigo completo pasa a outra páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:38, 14 decembro 2005 (UTC)
  • Creei a páxina precisamente porque había unha chea de material que merecía unha páxina propia. Sobre o do "20px" non sei que queres dicir eu non o vexo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:04, 14 decembro 2005 (UTC) Engadido: Xa sei o queres dicir, e no campo resumo. Non te precoupes non ten importancia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:12, 14 decembro 2005 (UTC)

podo usar imaxes?[editar a fonte]

Hola

estou cun proxecto: www.fotosdesarria.com

trátase dunha galería de fotos de sarria repartidas en moitas categorías e a xente as sube..., é como un fotoblog de xente para sarria e para amosala ó mundo... e sobre todo, para cando estemos fóra, pa cura-la morriña :)

a miña pregunta é se podo usar algunhas imaxes que me gostan moito e qué debo poñer nelas, a GPL? ou semellante?

moitas grazas e saúdos

Hola, son marulas, (Jesús Quintana)[editar a fonte]

Hola

son o rapaz que pregontaba sobre os usos das imaxes mira, subín unha de exmplo, así valería? http://www.fotosdesarria.com/displayimage.php?album=6&pos=7

moitos saúdos e grazas User:marulas 07:51, 20 xaneiro 2006 (UTC)


outra cousa... é q non teño nin idea de licenzas, (de momento) pero por exemplo, se eu quixera poñer esta de commons http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.0/deed.gl no pé da galería, a licenza que poña GPL da wikipedia nas fotos de aqui, segue prevalecendo non?

a verdade é que non sei que facer, se ir eu a pedi-las fotos ó axuntamento ou qué, pq a verdade pareceme algo de morro pillar as fotos daquí, qué fago?

kintana11@wanadoo.es

Sobre as traducións[editar a fonte]

  • Ola, Pereiro, que tal vai todo?. Fíxenche correccións en dous artigos que acabas de traducir, e vexo que estás facendo traducións do español e usas un tradutor automático. Eu tamén o fago ás veces, mais sempre precisa dunha revisión posterior se queremos manter a calidade. De todas formas, XoseL xa ten unha versión máis actual que a que estás usando, pódeslla pedir. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:33, 23 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, vin o comentario que lle fixeches a Prevert, para cambiar o nome só tes que lle dar a lapela de mover (arriba de todo) e na seguinte páxina poñer o nome correcto, saúdos e benvido de novo.--Rocastelo(fálame aquí) 19:36, 14 marzo 2006 (UTC)
  • Xa vin que contestou Rocastelo, grazas por estar de volta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:01, 15 marzo 2006 (UTC)

Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola MPereiro, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:53, 15 setembro 2006 (UTC)

Pregunta sobre fotos[editar a fonte]

Ola MPereiro, estamos facendo unha páxina galería (Galería de ríos de Galicia) cunha foto de cada río de Galicia. Subiches varias fotos de ríos da zona de Sarria (interesantísimas imaxes todas elas), ¿non saberás que ríos son? ——> Image:Sarria 0004.jpg, Image:Sarria 0009.jpg. Grazas, tanto se sabes coma se non. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:42, 8 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola MPereiro. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

INformacion sobre sarria[editar a fonte]

Hola mi nombre es Judith y estoy estudiando magisterio por educacion infantil y en una de mis asignaturas me mandaron realizar un trabajo de investigacion sobre el carnaval en diferentes pueblos de la provincia de lugo: Sarria, Samos, Incio y Boveda y he visto que usted ha colgado varias fotografias del carnaval de sarria de hace años me pregunto si tendria alguna mas o informacion de como era el carnaval en aquella epoca con alguna mascara representativa y coplas que se cantaban. Espero tener noticias suyas a la mayor brevedad posible me juego mucho con este trabajo. Solo darle las gracias por adelantado. Un saludo Judith

Imaxe:Sarria 0015.jpg[editar a fonte]

Ola MPereiro:

User:Lansbricae marcou ás 15:14 do 6 de agosto de 2008 esta imaxe subida por ti como copyvio e non te avisou desa acción. Inda que o seu proceder non é acorde con calquera norma que poida falar de cordialidade e transparencia, probablemente teña razón e a imaxe sexa un copyvio.

Os motivos polos que a imaxe pode ser un copyvio son os seguintes:

  • Na Galipedia é preciso colocar unha orixe das imaxes. Nesa orixe, salvo que o fotógrafo sexa o usuario que subiu a imaxe, ten que aparecer a licenza que indique que esa imaxe está no dominio público. Esa licenza ten que ser exactamente a licenza coa que a imaxe se comparte na Galipedia.
  • Na Galipedia non é posible a cesión de dereitos de imaxes. Non hai un procedemento creado para aceptar que o Arquivo histórico de Sarria che ceda a ti unha imaxe para publicala na Galipedia. Si poderías subila a Commons se segues o expresado en Commons:OTRS.

Agradeceríache que te puxeses en contacto comigo para mirar se é posible facer algo antes de que a imaxe sexa borrada.

Un dato que quizais che interese: Polo xeral, as fotos están no dominio libre logo de setenta anos da morte do fotógrafo (pero a licenza tería que ser PD)

Grazas polo teu labor e espero que sigas subindo moitas imaxes--Lmbuga Commons - Galipedia 18:20, 6 agosto 2008 (UTC)

  • Por certo, a foto é moi interesante e sería unha mágoa perdela, conta coa miña axuda para subila a Commons--Lmbuga Commons - Galipedia 18:24, 6 agosto 2008 (UTC)

Imaxe:Sarria 0015.jpg 2[editar a fonte]

Eu mesmo propuxen a iaxe para ser imaxe do día. Procedo a retirar dita proposta por nn me teres respondido (non sei nin pescudei nin vou pescudar a causa. Ollo: proximamente a imaxe podería ser borrada. Por favor, ponte en contacto comigo inda que sexa polo correo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:21, 13 setembro 2008 (UTC)