Wellington Koo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wellington Koo
Nacemento29 de xaneiro de 1888
Lugar de nacementoJiading
Falecemento14 de novembro de 1985
Lugar de falecementoNova York
Causadoenza
SoterradoFerncliff Cemetery
NacionalidadeDinastía Qing, República da China e Taiwán
Alma máterUniversidade de Columbia e St. John's University
Ocupaciónxuíz, diplomático, xurista e político
CónxuxeOei Hui-lan, Juliana Koo e May Pao-yu Tong
FillosWellington Koo Jr. e Fu-chang Freeman Koo
Na rede
WikiTree: Koo-2
editar datos en Wikidata ]

Vi Kyuin Wellington Koo (Chinés: 顾维钧;Pinyin: Gù Wéijūn; Wade-Giles: Ku Wei-chün) (29 de xaneiro de 188714 de novembro de 1985) foi un diplomático chinés, e representante do seu país na Conferencia de Paz de París de 1919.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Shangai en 1887, foi ós Estados Unidos en 1904 e estudou a cultura occidental para axudar a China co problema do imperialismo. Falaba un inglés fluído, e interesouse pola posición da China na sociedade internacional.

Koo asistiu á Universidade Saint John de Shangai e á Universidade de Columbia, onde foi membro da Philolexian Society, un club literario e de debate. En 1912, Koo recibiu o seu título en leis internacionais e diplomacia pola Universidade de Columbia. Inmediatamente, volveu a China para servir á nova República da China como o secretario de lingua inglesa do Presidente Yuan Shikai. En 1915, Koo converteuse en ministro da China nos Estados Unidos.

En 1919, foi un dos delegados chineses na Conferencia de Paz de París, polo que e maiormente coñecido. Antes de que o fixeran os poderes occidentais, xa pedía que o Xapón devolvese Shangdong á China. Tamén lles pediu ós países occidentais que remataran con tódalas institucións imperialistas como a extraterritorialidade, o control de tarifas, protección de legados e paro de préstamos. Os poderes occidentais rexeitaron as súas peticións e, en consecuencia, a delegación da China foi a única que non asinou o Tratado de Versalles na cerimonia de asinamento.

Koo tamén estivo involucrado na formación da Sociedade de Nacións, como primeiro representante chinés. Durante un período de caos en Beijing en 1926-1927 actou como Presidente da China. Máis tarde serviu como Ministro de Exteriores baixo o gabinete de Chang Tso-lin, e representou a China perante a Sociedade de Nacións para protestar pola invasión xaponesa de Manchuria. Tamén foi embaixador da China en Francia dende 1936 a 1940, cando Francia foi ocupada por Alemaña. Despois sería embaixado no Reino Unido até 1946. En 1945, Koo foi un dos membros fundadores das Nacións Unidas. Máis tarde, foi embaixador nos Estados Unidos tentando manter a alianza entre a República da China e os Estados Unidos mentres o Kuomingtang comezaba a perder fronte os comunistas chineses e se tiñan que retirar a Taiwán.

Koo retirouse do servizo diplomático chinés en 1956 após 44 anos e dúas guerras mundiais. Foi o diplomático máis experimentado e respectado da China. En 1956 Koo converteuse en xuíz da Corte Internacional de Xustiza na Haia, e serviu como Vicepresidente da Corte durante os tres derradeiros anos do seu período. En 1967 retirouse e mudouse a Nova York onde pasou o resto da súa vida até a súa morte en 1985 á idade de 98 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A primeira esposa de Koo foi Pao-yu Tang, que era a filla máis nova do antigo Primeiro Ministro Chinés Tang Shaoyi e a primeira prima da pintora e actriz Mai-Mai Sze (parella da deseñadora Irene Sharaff).[1] Con ela tivo dous fillos, Wellington Koo Jr., nado en 1921 e Freeman Koo, nado en 1923.[2][3]

A segunda muller de Koo foi Juliana Oei[4]. Foi unha das 45 fillas do magnate do azucre chinés con base na Illa de Xava Oei Tiong -ham[5]. Con ela tivo outros dous fillos, un fillo, Teh-chang Koo e unha filla, Patricia Koo.

Koo e a súa segunda muller separáronse na década dos 50, cando el xa vivía con outra muller, a quen presentaba en sociedade como a súa esposa. Porén, el e Juliana Koo nunca se divorciaron.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1][2] Arquivado 10 de outubro de 2008 en Wayback Machine.[3] Arquivado 06 de novembro de 2007 en Wayback Machine.[4] Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine."Chinese Minister to Mexico Chosen: V.K. Wellington Koo, Graduate of Columbia, Also Envoy to Peru and Cuba", The Nwe York Times, 26 de xullo de 1915
  2. "Koo's Son Made Citizen; Daughter-in-Law of Ex-Envoy of China Also Takes Oath", The New York Times, 15 de agosto de 1956
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2007. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Craft, Stephen G. V.K. Wellington Koo and the Emergence of Modern China. Lexington: University Press of Kentucky, 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Du Xigui
 Presidente da República da China 
1926–1927
Sucesor:
Zhang Zuolin
(Xeneralísimo do Movemento Militar)
Predecesor:
Wei Daoming
 Embaixador da China nos Estados Unidos 
1946–1956
Sucesor:
Chai Zeming