Irene Sharaff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irene Sharaff
Nacemento23 de xaneiro de 1910
 Nova York
Falecemento10 de agosto de 1993
 Nova York
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAcadémie de la Grande Chaumière e Parsons The New School for Design
Ocupacióndiseñador de vestuario e deseñador de moda
PremiosAcademy Award for Best Costume Design, Color, Academy Award for Best Costume Design, Color, Academy Award for Best Costume Design, Color, Academy Award for Best Costume Design, Color, Academy Award for Best Costume Design, Black-and-White e Tony Award for Best Costume Design
editar datos en Wikidata ]

Irene Sharaff, nada en Boston o 23 de xaneiro de 1910 e finada en Nova York o 10 de agosto de 1993 foi unha deseñadora de vestiario para cinema e teatro estadounidense. Polo seu traballo gañou cinco premios Oscar e un premio Tony.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deseño para Barbra Streisand en Hello, Dolly! (1969)

Sharaff naceu en Boston e estudou en New York School of Fine and Applied Arts, Art Students League of New York e a Académie de la Grande Chaumière de París.

Tras traballar como ilustradora de moda na súa mocidade, Sharaff converteuse en deseñadora de vestiario e de escenarios. Debutou profesionalmente en Broadway en 1931 coa produción de Alicia no País das marabillas, con Eva Le Gallienne. O seu uso de sedas tailandesas para The King and I (1951) creou unha moda na decoración de interiores.[1]

Sharaff traballou en filmes como West Side Story (premio Oscar en 1961), Cleopatra (premio Oscar en 1963), Meet Me in St. Louis, Hello, Dolly!, Mommie Dearest, The Other Side of Midnight, ¿Quen teme a Virginia Woolf? (premio Oscar en 1966), Guys and Dolls, Os mellores anos da nosa vida, The King and I (premio Oscar en 1956), Un americano en París (premio Oscar en 1951), Funny Girl e Porgy and Bess. Tamén deseñou roupa para o American Ballet Theatre, o New York City Ballet e o Ballet Russe de Monte Carlo, e contribuíu con ilustracións en revistas de moda como Vogue e Harper's Bazaar. Entre as súas obras para Broadway están Idiot's Delight, Lady in the Dark, As Thousands Cheer, A Tree Grows in Brooklyn, Flower Drum Song e Jerome Robbins' Broadway.

Faleceu en Nova York dunha fallo cardíaco complicado cun enfisema aos 83 anos.[1] Sharaff legou a súa colección de libros, xunto cos da súa parella, Mai-Mai Sze, á New York Society Library.[2]

Legado[editar | editar a fonte]

Deu nome ao TDF/Irene Sharaff Lifetime Achievement Award, da que foi a primeira que o recibiu. O premio entrégase anualmente a un deseñador que ao longo da súa carreira acadase distinción no teatro, o cinema, a ópera ou a danza.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Howe, Marvine. "Irene Sharaff, Designer, 83, Dies; Costumes Won Tony and Oscars". The New York Times, 17 de agosto de 1993
  2. "Sharaff-Sze Collection | New York Society Library". Nysoclib.org. Consultado o 2-11-2016. 
  3. Hetrick, Adam.Irene Sharaff Awards to Honor Robin Wagner and Lewis Brown" Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. playbill.com, 22 de febreiro de 2011
  4. Sharaff Award Arquivado 18 de decembro de 2010 en Wayback Machine. tdf.org, consultado o 22 de febreiro de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sharaff, Irene. Broadway and Hollywood: Costumes Designed by Irene Sharaff, Van Nostrand Reinhold Co (1976)