Voz Audiovisual
Voz Audiovisual | |
---|---|
Tipo | empresa |
Data de fundación | 1985 |
Sede | Polígono industrial A Grela - Bens |
Enderezo | Gambrinus, 97, 15008 |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.vozaudiovisual.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,[1] coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.
A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.[1]
Clasificación na lista de actividades económicas CNAE 2009
[editar | editar a fonte]Voz Audiovisual está clasificada dentro da lista de actividades do organismo estatal Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009) como:[1]
- 5915: Actividades de produción cinematográfica e de vídeo.
- 591: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión.
- 59: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical.
Datos de persoal e económicos
[editar | editar a fonte]A empresa ten un tamaño por empregados situado no grupo de "entre 50 e 250", entre os que figuran 12 administradores ou directivos. De entre os balances dispoñíbeis, o último depositouse no rexistro mercantil en 2017. As vendas apuntadas no balance están no grupo de "entre 6 e 30 millóns de euros".[1]
Evolución de empregados [1] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | ||||||||
Fixos | 37,14 % | 39,06 % | 33,48 % | 26,41 % | 34,04 % | |||||||
Eventuais | 62,85 % | 60,93 % | 66,21 % | 73,58 % | 65,95 % |
Evolución de vendas [1] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | 2016 | 2017 | ||||||||||
Variación | — | 149,71 % | - 10,04 % |
Equipo de dirección
[editar | editar a fonte]O equipo de dirección de Voz Audiovisual está formado por:[1][2]
- Administrador único: La Voz de Galicia S.A.
- Apoderado: Santiago Pérez Otero
- Directora: Fernanda Tabarés
- Directora de Produción: Paula Fernández González
- Director de Desenvolvemento: Alberto Guntín Araújo
- Director Técnico: Anxo Noya Castro
- Xefa de Produción / Servizos a empresas: Raquel Diz Infante
- Financeiro: Cristina García Beceiro
Algunhas producións
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]A empresa especializouse na creación de series de televisión, programas de entretemento, telefilmes, longametraxes e documentais.
Entre as súas producións destacan:[2]
- Emitidas pola TVG
- Mareas vivas (que foi a primeira)
- Matalobos
- Padre Casares
- Terra de Miranda
- As leis de Celavella
- A vida por diante
- Chapa e pintura
- A miña sogra e mais eu
- Serramoura
- O final do camiño
- Urxencia cero
- Viradeira
Cómpre sinalar que a serie Padre Casares foi adaptada e transmitida por outras canles autonómicas: como Canal Sur, TV3, ETB, e outras.[3] A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, o Canal Sur andaluz emitiuna dobrada ao castelán, co título Padre Medina, e o Canal 9 en valencián, como Senyor retor; dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán,[4][5]
Así mesmo, que Serramoura pode verse en Rusia, dobrada ao ruso, desde o 25 de outubro de 2016 a través das canles de AXN SciFi (nome comercial co que opera a plataforma de televisión da multinacional Sony na Federación Rusa), que conta alí con 43 plataformas de difusión para todo o territorio. A serie emitirase na Federación Rusa baixo o título Черный лес (Cherniy les, tradución do título en inglés baixo o que se comercializa internacionalmente Serramoura (Black Forest, 'Bosque negro') a través da compañía de distribución Imagina International Sales, que xa avanza na negociación de novas vendas desta produción de Voz Audiovisual para TVG.[6]
- Emitidas por outras canles
- Desaparecida, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVE, e a súa secuela
- UCO: Unidad Central Operativa, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVE
- Nada es para siempre, emitida por Antena 3
- Néboa, emitida por TVE.
Documentais
[editar | editar a fonte]- Vida nas mareas
- Camiño de Santiago
- Humedales del noroeste de España
- O mundo de Celavella
Programas de humor e entretemento
[editar | editar a fonte]- A terra dos prodixios
- Son de estrelas
- Con perdón
- Perdelo todo
- As favoritas
- Mundo verbena
- Son de verán
- Buscando estrelas
Telefilmes
[editar | editar a fonte]- La rosa de Alejandría
- Cita mortal en Up and Down
- Los mares del Sur (as tres, telefilmes da serie Pepe Carvalho)
- Vacas, porcos e zapatos de tacón
Participación na produción de filmes
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo, con Luís Iglesia e Xabier Deive.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Voz Audiovisual S A Arquivado 15 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. En Gía Empresas. Universia. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Páxina web de Voz Audiovisual. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ Canal Sur, TV3 y ETB han mostrado interés por 'Padre Casares', la comedia sobre un joven cura recién salido del seminario que supera en audiencia a 'CSI' en Galicia. En elconfidencialdigital.com
- ↑ Canal Nou arrasa con su adaptación de «Padre Casares». La Voz de Galicia, 18/03/2011. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ Padre Casares en Wikiband. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ «Serramoura» se podrá ver en Rusia. La Voz de Galicia, 08/10/2016. Consultada o 14 de setembro de 2018.