Desaparecida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desaparecida
Formato Drama
Intérpretes Beatriz Ayuso
Carlos Hipólito
Luisa Martín
Francesc Tormos
Bárbara Meier
Miguel Ángel Solá
País de orixe España España
Produción
Produtor(es) executivo(s) Miguel Ángel Bernardeau
Ramón Campos
Emisión orixinal
Canle de orixe Televisión Española
Tempo de emisión 3 de outubro de 200730 de xaneiro de 2008

Desparecida é unha serie de televisión producida por Grupo Ganga e emitida por La 1 de Televisión Española. Consta dunha única tempada de trece capítulos, estreados entre o 3 de outubro de 2007 e o 30 de xaneiro de 2008. Dirixida entre outros por Carlos Sedes, gran parte do equipo técnico desta produción é galego e participou anteriormente na exitosa serie galega A vida por diante.

Coincidindo coa emisión do último capítulo da serie, anunciouse a próxima estrea dun spin-off titulado UCO e protagonizado por dous dos personaxes da serie, o Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá) e a Sarxento Laura Andrún (Esther Ortega).

Argumento[editar | editar a fonte]

Patricia Marcos é unha moza que vive xunto á súa familia nun suposto pobo das aforas de Madrid, Blancaró. A noite en que cumpre 18 anos Patricia planea saír coa súa curmá, Cris, ás festas do pobo veciño. Tras discutir coa súa nai, Lola, sobre a hora de regreso a casa, Patricia acaba logrando autorización do seu pai, Alfredo, para alargar a volta. Con todo, a moza non regresa xamais a casa, o que mobiliza á súa familia e á Garda Civil na súa procura. A medida que esta avance sairán a luz detalles descoñecidos de Patricia e a súa contorna.

Reparto e personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Patricia Marcos (interpretada por Beatriz Ayuso). É a filla de Alfredo e Lola, a mediana de tres irmáns. Mantén unha tensa relación coa súa nai, todo o contrario que co seu pai. Sae cun compañeiro de clase, Rubén, aínda que os seus pais ignoran esta relación. Patricia desaparece o mesmo día que cumpre 18 anos.
  • Alfredo Marcos (Carlos Hipólito). É o pai de Patricia, está casado con Lola. Rexenta un restaurante co seu irmán Gerardo.
  • Lola Álvarez (Luisa Martín ). Está casada con Alfredo, con quen ten tres fillos. Vive unha tensa relación coa mediana, Patricia, polas ansias de liberdade desta.
  • Diego Marcos (Francesc Tormos). Fillo de Alfredo e Lola, irmán maior de Patricia e Sonia. É un mozo rebelde, impulsivo e independente.
  • Sonia Marcos (Bárbara Meier). Ten sete anos e é a menor dos fillos de Alfredo e Lola. Comparte habitación coa súa irmá Patricia.
  • Cristina Marcos (Marina Salas). É a curmá de Patricia, ademais da súa mellor amiga e confidente. Filla de Gerardo Marcos, a súa nai morreu cando era moi pequena.
  • Gerardo Marcos (Carlos Kaniowsky). O tío de Patricia é o irmán maior de Alfredo, con quen rexenta un bar. A súa muller morreu dez anos atrás, logo dunha longa enfermidade. Desde entón criou el só á súa filla Cristina.
  • Rubén Atienza (Santi Marín). Compañeiro de clase de Patricia, coa que acaba de iniciar unha relación pouco antes da súa desaparición. Este feito converteralle inicialmente nun dos principais sospeitosos.
  • Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá). Pertence á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e ten unha longa traxectoria profesional. Será o principal responsable da investigación da desaparición de Patricia. Está separado da súa muller coa que ten unha filla de 18 anos.
  • Sarxento Laura Andrún (Esther Ortega). Sarxento da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e compañeira de Sierra desde fai anos.

Secundarios[editar | editar a fonte]

Créditos[editar | editar a fonte]

Episodios[editar | editar a fonte]

As datas e os datos de audiencia corresponden á súa estrea en España.

Capítulo Nome Data de emisión Audiencia Share
PRIMEIRA TEMPADA
1     Día 1 3 de outubro de 2007 3.299.000 18,6%
2     Día 4 10 de outubro de 2007 3.053.000 16,6%
3     Día 11 17 de outubro de 2007 2.935.000 15,9%
4     Día 13 24 de outubro de 2007 2.664.000 14,5%
5     Día 14 31 de outubro de 2007 2.360.000 14,9%
6     Día 16 7 de novembro de 2007 1.620.000 15,7%
7     Día 17 14 de novembro de 2007 3.553.000 18,6%
8     Día 22 21 de novembro de 2007 2.990.000 15,7%
9     Día 23 5 de decembro de 2007 2.575.000 14,6%
10     Día 24 12 de decembro de 2007 2.854.000 15,0%
11     Una clase de Guardia Civil 21 de xaneiro de 2008 923.000 12,9%
12     Día 25 23 de xaneiro de 2008 2.485.000 13,8%
13     El último día 30 de xaneiro de 2008 3.183.000 17,1%

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]