Viola brava
Viola brava | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Viola riviniana' Reichenb. |
A viola brava ou violeta brava (Viola riviniana), é unha flor do xénero Viola da familia das violáceas. É natural de toda Europa e do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia) até o Líbano. É común nos prados húmidos e corredoiras sombrizas de toda Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta herbácea, perenne, de deitada a ascendente, duns 20 cm.
Follas simples, pecioladas, de limbo suborbicular e base a xeito de corazón; as basais, en roseta e as caulinares, alternas; con estípulas filamentosas.
Flores sen cheiro, solitarias, de cor azul violeta, de até 25 mm de diámetro, cigomorfas (de simetría bilateral). Periantio con 5 sépalos agudos e 5 pétalos, o inferior dos cales presenta un esporón. Androceo formado por cinco estames, coas anteras aplicadas arredor do ovario, que é unilocular, con estilo sinxelo. Florean no período de abril a maio no hemisferio norte.
Froito glabro, duns 10 mm, tipo cápsula, dehiscente en tres valvas, expulsando as sementes, que son de cor acastañada e miden uns 2 mm.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O seu hábitat son as fragas, sebes e áreas arbustivas, tanto en carballeiras e faiais de montaña, coma en bosques de ribeira e incluso formacións de carballo anano.
En Galiza é moi común nos bosques e prados, sendo a especie de Viola máis común das carballeiras, clareiros de bosque e prados húmidos e sombrizos do país, acompañada moitas veces de cáncaros e fentos. En Galiza florea entre marzo e xuño[1].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Viola riviniana foi descrita por Rchb. e publicado en Iconogr. Bot. Pl. Crit. 1: 81, no ano 1823.[2][3]
Foi nomeada en honra do botánico alemán, Augustus Quirinus Rivinus (1652-1722).
Usos e aplicacións
[editar | editar a fonte]Medicinal contra a tose, sudorífica e expectorante. Obtéñense esencias que se utilizan en perfumaría.
Son purgantes e vomitivas cando se comen, polo que o gado as rexeita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php?id=viola
- ↑ Viola brava en Trópicos
- ↑ Viola brava en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Partridge, James (2007) Viola × bavarica: the punctual Dog-violet BSBI News 106:8-9 (illustrated with colour photographs on inside back cover of this edition)
- Werner Rothmaler, E. Jäger, Klaus Werner: Exkursionsflora von Deutschland. Bd 4. Fischer, Jena 1958, Spektrum Akad. Verlag, Heidelberg 2000. ISBN 3-334-60831-X, ISBN 3-8274-1496-2
- Rudolf Schubert, Günther Wagner: Botanisches Wörterbuch. UTB. Ulmer, Stuttgart 1988, 1993, 122000. ISBN 3-8252-1476-1
- Ruprecht Düll, Herfried Kutzelnigg: Taschenlexikon der Pflanzen Deutschlands. Quelle & Meyer, Wiebelsheim 2005. ISBN 3-494-01397-7
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Viola brava |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viola brava |
- Taxonomía de Viola riviniana (en inglés)
- Páxina de GRIN (en inglés)
- Flora de Francia (en francés)
- Páxina de hoseito Arquivado 05 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)