Saltar ao contido

Carballo anano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballo anano
Quercus lusitanica
Jean-Baptiste Lamarck 1785 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
Q. lusitanica Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Quercus infectoria, Olivier
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFagales
 FamiliaFagaceae
 XéneroQuercus
 EspecieQuercus lusitanica Editar o valor en Wikidata
Lam., 1785 Quercus lusitanica Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0463lhg Editar o valor en Wikidata
OTT288802 Editar o valor en Wikidata
UICN79914375 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O carballo anano[1][2] ou caxigo (Quercus lusitanica Lam. ou Quercus faginea) é un arbusto da familia das Fagáceas que raramente acada os 2 metros. En moitas ocasións vai ligado á sobreira (Quercus suber). A súa floración prodúcese entre abril e maio.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

A súa cortiza é gris. As follas miden de 3 a 5 cm, son coriáceas (esclerosadas), con limbo obovado-oblongo e marxe enteiro. Ten de 4 a 6 pares de lóbulos ou dentes dirixidos cara ó ápice. As follas adultas só teñen pelaxe polo envés. O pecíolo das follas vai de 2 a 3 milímetros. As landras miden entre 1 e 2 centímetros e poden ir sentadas ou ter un pequeno pedúnculo de até centímetro e medio.

Situación

[editar | editar a fonte]

No monte Pindo atópase a única poboación galega coñecida desta especie autóctona do Mediterráneo suroccidental (España, Portugal e Marrocos). A poboación galega deste tipo de carballo arbustivo é o límite da especie polo norte. Os lumes que arrasaron o monte Pindo en setembro de 2013 fan difícil a sobrevivencia desta comunidade.[3]

  1. Nome galego da especie en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. "Carballo". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
  3. "Catástrofe en O Pindo con al menos 1.900 hectáreas quemadas". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-09-13. Consultado o 2026-02-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]