Vinca major

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vinca major é unha planta orixinaria da rexión mediterránea de Europa e de Asia Menor, dende España até Turquía e naturalizada e cultivada no mundo enteiro.

Vista dos sépalos peludos.
Vista da planta no seu hábitat.

Descrición[editar | editar a fonte]

Arbusto cunha altura non moi superior a 1 metro, perenne con talos erectos e curtos. Follas 3-8 × 2-5 cm, aovadas a lanceoladas, a maioría glabras, en ocasións ciliadas ao longo das marxes, as nervaduras secundarias, 4-7 pares, a base redondeada a cordata, o ápice obtuso a agudo, pecíolos 1-2 cm. Ten inflorescencias axilares, pero consiste nunha soa flor usualmente azul-púrpura ou azul localizada nas axilas foliares alternas ao longo do talo; pedúnculo/pedicelo floral usualmente de 2-4 cm, curvado. Flores con sépalos 10-18 mm, linear-triangulares, persistentes, ciliados; corola co tubo (12-)15-20(-25) mm, expandíndose en diámetro cara ao ápice, os lobos usualmente 15-20 × 5-12 mm, lanceolados a oblanceolados; estames inseridos preto da abertura do tubo da corola; ovario con 2 nectarios, o estilo terete, delgado, a cabezuela estigmática cun bordo basal e pelos apicais agrupados. Froitos 2.5-3.5(-5) cm, alargados, lixeiramente curvados, glabros; poucas sementes por froito, espidas, lixeiramente comprimidas, oblongas, lixeiramente foveoladas.[1]

Usos[editar | editar a fonte]

En xardinaría, sebes non moi altas, recunchos húmidos, claros e recheo das bases de árbores.

Outro uso interesante de especies do xénero Vinca é a extracción dunha serie de medicamentos coñecidos en conxunto como alcaloides da Vinca. Estes utilízanse para o tratamento de diferentes formas de cancro.

Contén os seguintes principios activos: vinblastina, vincristina, vindesina e vinorelbina, son os catro compostos até agora illados deste grupo de plantas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Vinca major foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 209. 1753.[1]

Citoloxía

Ten un número de cromosomas de: 2n=92[2]

Sinonimia
  • Pervinca major (L.) Garsault
  • Vinca major var. variegata LOUDON[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Vinca major". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  2. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  3. Vinca major en PlantList
  4. "Vinca major". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. 4(1): 1–855. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer. Universidad Nacional Autónoma de México, México.
  • Flora of China Editorial Committee. 1995. Flora of China (Gentianaceae through Boraginaceae). 16: 1–479. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  • Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  • Morales, J. F. 2005. Estudios en las Apocynaceae neotropicales XIX: La familia Apocynaceae s. str. (Apocynoideae, Rauvolfioideae) de Costa Rica. Darwiniana 43(1–4): 90–191.
  • Morales, J. F. 2009. La familia Apocynaceae (Apocynoideae, Rauvolfioideae) en Guatemala. Darwiniana 47(1): 140–184.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las plantas vasculares del Cono Sur. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.