Gentianales
Gentianales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gentiana cruciata | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Gentianales é unha orde de plantas con flor, incluídas dentro do clado das astéridas das eudicots. Comprende máis de 16 000 especies nuns 1 138 xéneros e 5 familias.[1] A familia máis grande é a das rubiáceas, á que pertencen máis do 80% das especies da orde. Plantas coñecidas da orde son a cafeeira, quina, gardenia, xanzá, loendro (Nerium oleander) e Vinca.
Descrición
[editar | editar a fonte]Entre as características das Gentianales está a presenza dun só verticilo de estames, inseridos sobre a corola, e no conxunto da flor hai 4 verticilos. Son gamopétalas tetracíclicas. O xineceo é súpero pero reducido a dous carpelos como en moitas gamopétalas evolucionadas. O estilo do pistilo é sempre único pero os ovarios, xeralmente soldados, están libres nas dúas familias das Asclepiadaceae e Apocynaceae.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]No sistema de clasificación de Dahlgren as Gentiales estaban encadradas na superorde Gentianiflorae (tamén chamada Gentiananae).
Na clasificación clásica de Cronquist (1981) a orde comprende seis familias:
- Familia Apocynaceae
- Familia Asclepiadaceae
- Familia Gentianaceae
- Familia Loganiaceae
- Familia Retziaceae
- Familia Saccifoliaceae
Segundo o sistema APG III na orde están incluídas as seguintes familias:[1]
- Familia Apocynaceae (424 xéneros)
- Familia Gelsemiaceae (2 xéneros)
- Familia Gentianaceae (87 xéneros)
- Familia Loganiaceae (13 xéneros)
- Familia Rubiaceae (611 xéneros)
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A seguinte árbore filoxenética está baseada en estudos de filoxenia molecular de secuencias de ADN.[2]
Gentianales |
| ||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x.
- ↑ Backlund M, Oxelman B, Bremer B (2000). "Phylogenetic relationships within the Gentianales based on NDHF and RBCL sequences, with particular reference to the Loganiaceae". American Journal of Botany 87: 1029–1043. doi:10.2307/2657003.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gentianales |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gentianales |