Apocynaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apocynaceae

Un exemplo na familia: Alyxia stellata - Hawái (U.S.A.)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Gentianales
Familia: Apocynaceae
Juss., 1789, nom. cons.
Subfamilias

As Apocynaceae son unha familia das dicotiledóneas que inclúe árbores, arbustos, herbas, ou lianas. Moitas especies son grandes árbores que se atopan na selva tropical, e a maioría son de procedencia dos trópicos e os subtrópicos. Algunhas son herbas perennes da zona tépeda. Estas plantas teñen saiba leitosa e moitas especies son velenosas se se inxiren

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia, no seu sentido actual, está dividida en 366 xéneros aceptados[1] (dos 585 descritos[2] a familia Asclepiadaceae esta agora incluída na de Apocynaceae.) que inclúen unhas 4500-5500 especies aceptadas

Hai cinco subfamilias:

Distribución[editar | editar a fonte]

Wrightia antidysenterica.

As especies desta familia distribúense primordialmente nas rexións tropicais:

  • Nas selvas e zonas pantanosas da India e Malaisia: Árbores de porte pequeno a moi grande de follas perennes, frecuentemente con raíces de contraforte, tales como Alstonia e Dyera.
  • No Norte de Australia: Árbores de porte pequeno de folla perenne como Cérbera e Ochrosia.
  • Nas selvas de folla caduca de África e a India: Árbores de porte pequeno tales como Carissa, Wrightia e Holarrhena.
  • Na América tropical, India, Myanmar e Malaisia: Árbores de folla perenne e arbustos, tales como Rauwolfia, Tabernaemontana e Acokanthera.
  • En América Central: Plumeria, ou frangipani, cos seus céreas flores de cor branca ou rosáceo e doces fragrancias.
  • En América do Sur, África e Madagascar: Moitas lianas tales como Landolphia.
  • Na rexión Mediterránea: Nerium, coa ben coñecida adelfa, o arbusto (Nerium oleander). Tamén as vincas (Vinca major e Vinca minor).
  • En América do Norte: Apocynum inclúe Apocynum cannabinum, unha fonte tradicional de fibra.

Características[editar | editar a fonte]

As follas son simples, normalmente decusadas, ou verticiladas; carecendo de estípulas. As flores son normalmente espectaculares, simétricamente radiais (actinomorfica), reunidas en inflorescencias cimosas ou racemosas (raramente en fascículos ou solitarias). Son hermafroditas, con (cáliz de 5 lóbulos) ou sen sépalos. As inflorescencias son terminais ou axiales. Os estames están insertos no interior do tubo da corola. O ovario está normalmente situado na parte superior.

A froita é unha drupa, ou baga, unha cápsula ou un folículo.

Fitoquímica[editar | editar a fonte]

As apocináceas teñen as seguintes características fitoquímicas: Presentan na maioría das veces alcaloides carbolínicos e outros alcaloides indólicos. Detectáronse iridoides nalgúns xéneros (Plumeria, Rauwolfia e Allamanda) Tamén presentan proantocianidinas, cianidina e delfinidina. Poden presentar kaempferol e/ou quercetina. Atopouse ácido ursólico. Os azucres son transportados como sacarosa ou como oligosacáridos. A fisioloxía C3 reportouse en Apocynum, Nerium, Pachypodium, Plumeria e Rhazya. O metabolismo CAM foi reportado directamente en Carissa (non-suculenta) e Pachypodium.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Algunhas plantas desta familia tiveron unha importancia económica no pasado.

Os xéneros Carpodinus, Landolphia, Hancornia, Funtumia e Mascarenhasia foron unha fonte secundaria de caucho.

O mollo leitoso da Namibia Pachypodium foi usado como veleno para impregnar as puntas das frechas.

Os xéneros seguintes son plantas ornamentais: Amsonia (estrela azul), Nerium (adelfa), Vinca (pervinca), Carissa, Allamanda (trompeta dourada), Plumeria (frangipani), Thevetia (noz afortunada), Mandevilla (flor da sabana).

Rauvolfia cafra é a "árbore da Quinina", de Suráfrica. Rauvolfia serpentina ou "raíz de serpe" da India fornece os alcaloides reserpina e rescinamina.

Algúns son fontes de drogas, tales como glicosida, relacionado co funcionamento do corazón: Acokanthera, Apocynum, Cérbera, Nerium, Thevetia e Strophanthus.

O xénero Apocynum usouse como fonte de fibras polos nativos americanos.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Asclepiadaceae,
  • Carissaceae,
  • Cerberaceae,
  • Cryptostegiaceae,
  • Cynanchaceae,
  • Ophioxylaceae,
  • Pacouriaceae,
  • Periplocaceae,
  • Plumeriaceae,
  • Stapeliaceae,
  • Vincaceae e
  • Willughbieaceae.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]