Villalón de Campos
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Valladolid | ||||
| Capital | Villalón de Campos | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.473 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 169,93 km² | ||||
| Altitude | 843 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Javier González Trapote | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 47600 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 47214 | ||||
| Sitio web | villalondigital.com | ||||
Villalón de Campos é un concello español situado ao norte da provincia de Valladolid, en Castela e León, na denominada Terra de Campos e limítrofe coa provincia de Palencia.

A súa poboación é de 1.890 habitantes (2011). Antigamente era moito maior, pero o proceso de decadencia rural en prol das cidades provocou o retroceso demográfico desta localidade. Os habitantes dedícanse principalmente ao sector primario (agricultura e gandería). A súa festa principal está dedicada á Virxe de Fuentes.
Como recensión histórica cabe destacar que foi sede durante os séculos XV e XVI dunha importante feira de compra-venda de gando, baixo o auspicio da familia Pimentel, condes de Benavente, e que tiña notable influencia a nivel comarcal.
A localidade está situada no Camiño de Santiago de Madrid.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Evolución demográfica | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
| 2.168 | 2.168 | 2.101 | 2.056 | 2.008 | 2.019 | 2.040 | 2.024 | 1.990 | 1.971 | 1.942 | 1.915 | 1.911 |
Monumentos
[editar | editar a fonte]O Rollo Jurisdiccional que se sitúa nesta localidade é un dos máis destacados de España. Este pelouriño, foi feito no século XVI, é de estilo gótico e foi declarado Monumento Nacional.
A Igrexa de San Miguel é un templo dos máis relevantes no estilo do gótico mudéxar. Na primeira capela da súa nave do Evanxeo, sitúase o sepulcro do clérigo leonés don Diego González del Barco, de Juan de Juni. Tamén na nave da Epístola sitúase a Virxe co Neno que é atribuída a Alonso Berruguete.
Tamén na vila están a Igrexa de San Juan cun precioso retablo, a Igrexa de San Pedro cunha torre de cinco pisos e a Ermida da nosa Señora de Fuentes situada a tres quilómetros da localidade.
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partidos políticos no concello | ||||
|---|---|---|---|---|
| Partido político | Concelleiros | |||
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | ||||
| Partido Popular (PP) | ||||
| Partido Independiente de Villalón de Campos (PIVC) | ||||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villalón de Campos |
- Sitio web do concello (en castelán)
- Villalón Digital Arquivado 30 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
