Pozal de Gallinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPozal de Gallinas
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°19′06″N 4°50′10″O / 41.318333333333, -4.8361111111111Coordenadas: 41°19′06″N 4°50′10″O / 41.318333333333, -4.8361111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid Editar o valor em Wikidata
CapitalPozal de Gallinas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación530 (2023) Editar o valor em Wikidata (15,06 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35,2 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude737 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Javier Sáez Serrano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47450 Editar o valor em Wikidata
Código INE47123 Editar o valor em Wikidata

Pozal de Gallinas é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Atópase no sur da provincia e tiña unha poboación de 549 habitantes en 2017.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes de Pozal non están claras, pero existen referencias escritas ao lugar desde o ano 1154, e desde 1265 co definitivo nome de Pozal de Gallinas.

En 1559 Pozal de Galiñas tentou desvincularse da vila de Medina del Campo baixo o nome de Morales del Rey, pero non o conseguiu pasando a formar parte pouco despois das posesións de Vitores Ruiz.

No ano 1857 producíronse importantes levantamentos e ocupación de terras como protesta contra a venda de terreos producida durante a desamortización de Mendizábal.

De 1864 a 1867 funcionou nos arredores do pobo, aproveitando os restos dun asentamento anterior coñecido como poboado de Pedro de Miguel, un falansteiro baixo o nome de "La república de los pobres" do cal aínda quedan restos, coñecidos actualmente baixo o popular nome de "El torreón".

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de San Miguel Arcángel
  • Ermida da Virxe da Estrela
  • El Torreón

Festividades[editar | editar a fonte]

As principais festas celébranse en torno ao día 8 de setembro, na honra á Virxe da Estrela, patroa da localidade, xunto con San Miguel. A imaxe da virxe é traída da ermida ata a Igrexa o día 30 de agosto onde é gardada e velada cunha novena. O día 8 de setembro tras a celebración da misa é sacada á praza maior onde se celebran bailes rexionais, a ritmo de dozaina, tras os cales se leva á Virxe da Estrela en romaría para ser gardada de novo. Durante a romaría os pais sintan aos seus fillos pequenos nos pés do paso para que este os bendiga.

O primeiro día do ano é tradición o aceso dunha gran fogueira chamada "luminaria" para celebrar a festa dos quintos. Son tradicionais xogos como a Petanca, a Calva e o Frontenis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]