Bóveda, Bóveda
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bóveda.
| Bóveda | |
|---|---|
Casa do concello. | |
| Concello | Bóveda[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°37′23″N 7°29′07″O / 42.622972222222, -7.48525 |
| Poboación | 394 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Bóveda é unha parroquia do concello de Bóveda, formada por un único lugar co mesmo nome. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 352 habitantes (181 homes e 171 mulleres), concentrados na única entidade do mesmo nome, Bóveda, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Limita coas parroquias de Teilán, Rubián e Tuimil ao norte, Ver ao sur, Guntín ao leste, e Martín ao oeste.
Este lugar é onde se atopa a capital do concello.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial de Bóveda foi construída no segundo terzo do século XX. Ten planta rectangular con tellado de lousa a dúas augas. A igrexa orixinal atopábase o pé do cemiterio, a carón do Pazo de Bóveda, pero derrubouse e os seus materiais aproveitáronse para ampliar o mesmo, reutilizándose para a igrexa actual a espadana e outros elementos graníticos.
- Pazo de Bóveda. Edificio de planta rectangular do ano 1769, e a Casa de Fernández, que conserva na súa fachada un escudo de granito pertencente a un antigo Pazo dos Marqueses de Vilaverde de Limia.
- Muíño de Xil.
- Capela de San Xil. O 1 de setembro celébranse as festas na honra do santo.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Páxina da parroquia de Bóveda no sitio web do concello de Bóveda". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bóveda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Bóveda no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
|---|---|