Martín, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martín
Martín - panoramio.jpg
Martín
ConcelloBóveda
Poboación106 hab. (2017)
Entidades de poboación16

San Cristovo de Martín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Limita coas parroquias de Remesar e Teilán ao norte, Bóveda e Ver ao leste, Vilalpape, O Chao do Fabeiro e Fiolleda ao sur, e Ousende e A Broza ao oeste.

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 137 habitantes (77 homes e 60 mulleres), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia a esta parroquia data do ano 1238, no que Miguel Yáñez Cerdeira e a súa muller, venden ó abade do Mosteiro de Meira a herdade que teñen na vila de Martín.

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

No lugar da Chá do Couso existen vestixios dunha antiga medorra, moi destruída cando se plantaron piñeiros na zona.

A igrexa parroquial data do século XVI. Trátase dun edificio de tres naves, separadas por arcos de medio punto, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas. A capela maior, diferenciada das naves en alzado e planta ten cuberta a catro augas, estando pegada a sancristía polo seu costado sur. A igrexa ardeu na Guerra Civil, desaparecendo os retablos e imaxes orixinais.

A Capela de Santa Lucía representa outro dos bens culturais existentes nesta parroquia. De planta rectangular, con muros de cachotería en lousa, a entrada está precedida por un pórtico, soportado pola prolongación dos muros laterais.

No lugar de Couso está a Capela do mesmo nome, en bo estado de conservación.

Na arquitectura civil destaca a Casa do Pacio. Desta casa teñen as súas orixes os Somoza (Somoza Maior de Lemos). A estrutura orixinal está moi alterada, conservando nas súas paredes tres escudos, un, cuarteado en cruz, co brazo empuñando a maza, un león rampante, tres lises e seis dados punteados (armas dos Somozas); outro, de peor factura, leva catro lises, seis dados, a maza e unha cruz, e no terceiro, de características semellantes o anterior aprécianse unicamente tres lises. A casa conta tamén cun pombal de planta circular.

Outros exemplos de arquitectura civil son a Casa Grande de Lamela, a Casa Grande do Couso e antigos muíños, coma o da Carballeira e o muíño do Gómez.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Martín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Martín no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Bustelo | Casbeiro | O Couso | Filgueiro | A Lama | Lamela | A Lomba | Martín | Outeiro | Paredes | Piñeiro | A Raíña | Reboredo | Regulfe | O Río | O Val

Parroquias de Bóveda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]