Guntín, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°37′28.8″N 07°26′53.1″O / 42.624667, -7.448083

Guntín
ConcelloBóveda
Poboación70 hab. (2017)
Entidades de poboación6

San Cristovo de Guntín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 78 habitantes (43 homes e 35 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: Aquelcabo, O Arroxo, Lama Redonda, Pardiñas, As Pedreiras e Vilar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 116 habitantes.

Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Limita coas parroquias de Tuimil e Laiosa ao norte, Ver e Mosteiro ao sur, Freituxe ao leste, e Bóveda ao oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1668 Juan Rodríguez de Ver fundou a capelanía de San Lázaro na igrexa parroquial.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa parroquial é do século XVIII. Antecede ó edificio un pórtico con teito a tres augas. Trátase dunha construción con nave de planta rectangular e muros de cachotería enlucidos, con cuberta de madeira e lousa a dúas augas.
  • Capela do Rosario. Situada no Campo da Mamoela, foi construída no ano 1832, e posúe un cruceiro no exterior.
  • Capela do Pedregal. Situada no lugar de Vilar, nos terreos da Casa de Pedregal. Posiblemente do século XIX, ten planta rectangular e cuberta a dúas augas.
  • Pazo de Guntín. Sitúase no lugar de Aquelcabo; edificio de planta en U, con muros de cachotería de lousa. A súa porta principal, en arco de medio punto, conserva un escudete con representación de barras e peixes, cunha cabeza de león sobre eles. Conserva outros escudos con motivos similares na porta interior e na torre oeste.

Festividades[editar | editar a fonte]

As festas celébranse a primeira fin de semana de agosto, na honra á virxe do Rosario.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Guntín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Guntín no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Aquelcabo | O Arroxo | Lama Redonda | Pardiñas | As Pedreiras | Vilar

Parroquias de Bóveda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]