Torbeo, Ribas de Sil
| Torbeo | |
|---|---|
| Concello | Ribas de Sil[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556 |
| Poboación | 75 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 12[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. No ano 2024 tiña, segundo o Instituto Galego de Estatística, 75 habitantes (37 homes e 38 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2017, cando tiña 87 habitantes[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a súa lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.
En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía tiña 100 vasalos.
Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.
Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova.
Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Torbeo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Torbeo no concello de Ribas de Sil (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barrio | Campos | O Carballiño | As Cortes | A Covela | Figueiro | As Fontes | Lama de Paio | Moreiras de Abaixo | Morreiras de Arriba | Moreiras do Medio | O Outeiro | Pacios | Paredes | As Pozas | San Lourenzo | San Martiño | A Ventosa | Os Vilares |
Parroquias de Ribas de Sil
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.torbeo.com Arquivado 16 de outubro de 2017 en Wayback Machine., blog de Antonio Rodríguez sobre a parroquia.