Miradoiro da Capela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°27′26.15″N 7°23′38.82″O / 42.4572639, -7.3941167

Vista do miradoiro da Capela

O miradoiro da Capela é un miradoiro situado na zona oriental do Canón do Sil, na parroquia de Vilachá, no concello lugués da Pobra do Brollón.

Atópase na ribeira dereita do río Sil, no extremo sur do concello da Pobra do Brollón, a 609 metros de altitude. Accédese a el dende Vilachá por unha pista de terra de pouco máis dun quilómetro de lonxitude. Oriéntase cara ao sueste e o desnivel de case 400 metros sobre o río permite contemplar o Canón do Sil, os viñedos de Vilachá e a aldea de Torbeo, no concello de Ribas de Sil, situada na outra ribeira.[1]

O miradoiro reformouse en 2012 e está formado por unha estrutura de madeira con laterais de metacrilato para contemplar o canón. Ademais, conta cunha área recreativa con mesas e bancos. O Concello da Pobra do Brollón, co apoio da Deputación de Lugo, investiu uns 30.000 euros na reforma.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mirador da Capela". Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 
  2. "Un mirador transparente en Vilachá". La Voz de Galicia. 24 de marzo de 2012. Consultado o 6 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]