Avespa asiática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vespa velutina nigritorax")
Vespa velutina nigritorax
Vespa velutina nigrithorax MHNT dos.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Familia: Vespidae
Subfamilia: Vespinae
Xénero: Vespa
Especie: Vespa velutina
Nome binomial
Vespa velutina
Lepeletier, 1836

A Vespa velutina nigritorax, a avespa asiática,[1][2] é un tipo de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase especie invasora en Galicia.

Existen numerosas sub-especies de vespa velutina; unha delas é a Vespa velutina nigrithorax (Carpenter & Kojima, 1997),[3] descrita en 1905 por du Buysson de Darjeeling (India). Aclimatada de xeito natural a un medio de temperado a sub-tropical, esta subespecie[4] foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004[5],[6]). Atópase na Asia continental ata o norte da India e nas montañas da China, zonas xeográficas nas que o clima é comparable ó de grande parte de Francia ou o norte de España, Galicia incluída, o que explicaría que fora posible a súa instalación e colonización de novos territorios en Europa[7][3].

Características[editar | editar a fonte]

A Vespa velutina nigritorax triplica en tamaño á abella europea, pois as mestras chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm. Distínguese da avespa autóctona, Vespa cabro, en que esta ten o tórax vermello e o abdome negro e amarelo, mentres que o abdome da Vespa velutina é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas tamén son amarelos. A Vespa velutina nigritorax é depredador da Apis mellifera, a abella doméstica, á que mata por decapitación para alimentar con ela ás súas larvas. Tamén devoran as crías de abella dentro da colmea. Aniñan no alto das árbores en colonias de máis de mil individuos[8].

En Europa detectouse a presenza da Vespa velutina nigritorax tras a chegada dunha colonia nun barco mercante ó porto de Bordeos no ano 2005. A partir dese momento expandiuse por máis de 30 departamentos de Francia, con especial incidencia na rexión de Aquitania. En novembro de 2010 foi detectada a súa presenza en Guipúscoa[9] [10]. En Galicia detectouse por vez primeira en Burela en 2012, espallándose despois por outras zonas costeiras principalmente. A principios de 2013 déronse avisos en Lobios (Ourense), As Neves, Ponteareas e Lira (en Pontevedra). Ameaza a supervivencia das poboacións de abellas, polo que a Xunta puxo en marcha un programa de eliminación[11].

Depredadores[editar | editar a fonte]

En Europa, o avispón europeo (Vespa crabro) ten depredadores como o alcaudón de dorso vermello (Lanius collurio), o abelleiro europeo (Pernis apivorus) e o abellaruco europeo (Merops apiaster), sendo por elo potenciais depredadores. Aves como a urraca, e tamén as galiñas, poderían ser asemade depredadores da avespa asiática.

Defensa das abellas[editar | editar a fonte]

Na zona de orixe da Vespa velutina nigritorax a abella máis común, a Apis cerana, desenvolveu un método de defensa consistente en agruparse arrodeando ás avespas intrusas para elevar a temperatura do seu corpo ata matala. Estase a observar que as abellas europeas comezan a desenvolver a mesma estratexia de defensa que as súas compañeiras asiáticas: Cobren a avespa invasora, provocando unha subida de temperatura, ata os 45 °C. A avespa asiática (Vespa velutina), despois dalgúns minutos, morre de hipertermia (a abella soporta temperaturas superiores de ata 50 °C). É posible que esta adaptación varíe a velocidade de expansión das vespas.

Niño de velutina nunha torreta eléctrica en Piñeira, Ribadeo.

Peligrosidade para o home[editar | editar a fonte]

A avispa asiática (Vespa velutina), a igual que o avispón europeo (Vespa crabro), pode inocular o seu veneno ao ser humano. Segundo os datos recopilados en Europa, a avispa asiática non representa máis perigo que o seu parente europeo. Este último prefire a fuxida antes que o ataque. Non se denunciaron aumentos de picadura nas zonas onde se estableceu a avispa asiática. Só se denunciou un caso de envelenamento grave, despois de 12 picaduras cefálicas de Vespa velutina. Os casos de ataques denunciados ocorreron case sempre na proximidade do niño. O perigo para o ser humano é presente en caso de picaduras múltiples, picadura única en mucosa(tecido que recobre as superficies internas do corpo) ou en persoas que padezcan alerxia ao veneno de himenóptero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hospitalizado por picaduras da avespa asiática". CRTVG. 08 de outubro 10 de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  2. "A avespa asiática chega tamén á provincia de Ourense". CRTVG. 22 de agosto de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Muséum national d'histoire naturelle (ed.). "Biologie du frelon asiatique Vespa velutina". Consultado o 10 agosto 2015. (en francés).
  4. Le traité rustica de l’apiculture, rustica éditions, 2011, ISBN 978-2-8153-0157-2, p.112.
  5. Jean Haxaire, Jean-Pierre Bouguet et Jean-Philippe Tamisier (2006). « Vespa velutina Lepeletier, 1836, une redoutable nouveauté pour la faune de France (Hym., Vespidae) », Bulletin de la Société entomologique de France, 111(2):194.
  6. Claire Villemant, Jean Haxaire, Jean-Claude Streito (2006). Premier bilan de l’invasion de Vespa velutina lepeletier en France (Hymenoptera, Vespidae), Bulletin de la Société entomologique de France, 111(4):535.
  7. Villemant, C., Barbet-Massin, M., Perrard, A., Muller, F., Gargominy, O., Jiguet, F., Rome, Q., 2011. Predicting the invasion risk by the alien bee-hawking yellow-legged hornet Vespa velutina nigrithorax across Europe and other continents with niche models. Biological Conservation 144, 2142–2150.
  8. LOMBARDERO, X. (29/11/2010). La Voz de Galicia, ed. "La llegada del avispón asiático pone en alerta a los apicultores gallegos". Consultado o 22/12/2010.  (en castelán).
  9. Gara, ed. (18/11/2010). "Hallan una especie de avispa dañina para las abejas". Consultado o 22/12/2010.  (en castelán)
  10. ABC, ed. (22/11/2010). "Detectan por primera vez en España una avispa asiática que devora abejas". Consultado o 22/12/2010.  (en castelán).
  11. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/18/expertos-afirman-avispa-asiatica-comun-agresivas/0003_201408G18P6994.htm Artigo en La Voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vespa velutina

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]