Saltar ao contido

Ernesto Alterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnesto Alterio

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ernesto Federico Alterio Editar o valor en Wikidata
25 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Interpretación Cristina Rota Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJuana Acosta (2003–2018) Editar o valor en Wikidata
PaiHéctor Alterio Editar o valor en Wikidata
IrmánsMalena Alterio Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0022764 Allocine: 21437 Allmovie: p237217 TCM: 565842
BNE: XX1360816 Discogs: 2486491 Editar o valor en Wikidata

Ernesto Federico Alterio Bacaicoa, nado en Buenos Aires o 25 de setembro de 1970, é un actor arxentino residente en España. É fillo do actor Héctor Alterio e irmán da actriz Malena Alterio, e está casado coa tamén actriz Juana Acosta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu na Arxentina, instálase en España coa súa familia sendo moi novo debido ó exilio que sofre o seu pai Héctor Alterio polas súas ideas progresistas e o seu activismo político de esquerdas tralo golpe de estado no seu país natal.

Tiña intención de cursar estudos de Bioloxía, pero finalmente comezou a carreira de Historia, que abandonaría pola súa vocación artística. Matriculouse na popular escola de Arte Dramática de Cristina Rota, onde coñeceu a outros actores de éxito do cine español actual como Nathalie Poza, Guillermo Toledo ou Alberto San Juan, co que formou a compañía Ración de Oreja en 1996. Coñecería tamén a Andrés Lima, que tiña o seu propio grupo de actores. Deciden fusionar ambos en Animalario, gran canteira de actores de gran fama en España e compañía caracterizada polas súas funcións críticas coa realidade social do seu tempo, coma Que te importa amor o El fin de los sueños.

A súa carreira cinematográfica comeza a destacar polos seus traballos en películas coma Mi nombre es sombra, Tengo una casa, Morirás en Chafarinas,Belmonte, Más amor que frenesí ou Dos por dos entre outras. Los años bárbaros de Fernando Colomo foi o seu primeiro protagonista en cine, xunto a Jordi Mollà e Juan Echanove.

Repetiría con Colomo en El cuarteto de La Habana, papel que lle valeu unha candidatura ó Premio Goya ó mellor actor revelación.

Los lobos de Washington, de Mariano Barroso, Insomnio de Chus Gutiérrez, ou Salvador Dalí de Carlos Saura son algúns títulos posteriores destacados na súa filmografía, pero a quen sen dúbida lle reportou maior fama foi El otro lado de la cama, película de Emilio Martínez Lázaro.

En televisión fixo colaboracións episódicas en series como El joven Picasso, Lleno por favor, Colegio mayor, Los ladrones van a la oficina e Todos los hombres sois iguales.

O seu primeiro e único papel protagonista neste medio ata o momento foi na coprodución hispanoarxentina Vientos de agua (2005), un éxito de crítica pero fracaso de audiencia no que compartiu traballo co seu pai, interpretando ambos o mesmo personaxe en distintas épocas da súa vida.

Actor comprometido, en 1998 asinou un manifesto para o cesamento da limpeza étnica de Slobodan Milošević, dos bombardeos da OTAN e a substitución das forzas militares e grupos armados en Kosovo por unha paz composta por cascos azuis mandados pola ONU. Pere Ponce, Santiago Ramos, Alberto San Juan, Julieta Serrano, Pilar Bardem, Fiorella Fantoyano, Manuel Galiana, Juan Diego Botto, María Botto, Juan Luis Galiardo, Juan Diego, Amparo Valle foron outros actores que tamén apoiaron estas causas.

En canto á súa vida persoal, a súa parella é a actriz Juana Acosta, coa que tivo a súa primeira filla, chamada Lola, en 2006.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Director
1995 Tengo una casaMónica Laguna
BelmonteJuan Antonio Bollaín
Dos por dosEduardo Mencos
Morirás en ChafarinasPedro Olea
1996 Más que amor, frenesíAlfonso Albacete, David Menkes e Miguel Bardem
Mi nombre es sombraGonzalo Suárez
1998 Los años bárbarosFernando Colomo
InsomnioChus Gutiérrez
1999 Los lobos de WashingtonMariano Barroso
Cuarteto de la HabanaFernando Colomo
2000KashbahMariano Barroso
2001Buñuel y la mesa del rey SalomónCarlos Saura
2002 DeseoGerardo Vera
El otro lado de la camaEmilio Martínez Lázaro
2003Días de fútbolDavid Serrano
2004 Muertos comunesNorberto Ramos del Val
IncautosMiguel Bardem
2005 Semen, una historia de amorInés París e Daniela Fejerman
El métodoMarcelo Piñeyro
2006Los 2 lados de la camaEmilio Martínez Lázaro
2008 RivalesFernando Colomo
LluviaPaula Hernández
2009Las viudas de los juevesMarcelo Piñeyro
2011 AmigosBorja Manso
El sueño de IvánRoberto Santiago
Infancia clandestinaBenjamín Ávila
2012La montaña rusaEmilio Martínez Lázaro
2013¿Quién mató a Bambi?Santi Amodeo
2014El amor y otras historiasAlejo Flah
2015IncidenciasJosé Corbacho e Juan Cruz
2016 RumbosManuela Burló Moreno
El trajeAlberto Rodríguez
2017Perfectos desconocidosÁlex de la Iglesia
2018A sombra da lei Daniel de la Torre
2019Lo dejo cuando quieraCarlos Therón
2019Ventajas de viajar en trenAritz Moreno
2020 Te quiero, imbécilLaura Mañá
Un mundo normalAchero Mañas
Crónica de una tormentaMariana Barassi
Orígenes secretosDavid Galán Galindo
2021 Donde caben dosPaco Caballero
El cuarto pasajeroÁlex de la Iglesia

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Canle
1993 Los ladrones van a la oficina Fernando Antena 3
1994-1995 Colegio Mayor Carlos Telemadrid
1996 Todos los hombres sois iguales Mariano Telecinco
2006 Vientos de agua José Olaya Telecinco / El Trece
2009 La chica de ayer Samuel Santos Antena 3
2011-2012 Marco, la historia de un niño Carlos Gómez Antena 3
2017-2018 Las chicas del cable Sebastián Uribe Netflix
2018 Narcos: Mexico Salvador Osuna Nava Netflix
2020 Alguien tiene que morir Gregorio Falcón Netflix
2021 Todos mienten Diego Movistar+
2022 Santa Evita Moori Koening Star+
Ano Obra de teatro
1987Muelle del oeste
1988La boda
1996 Animalario
Qué te importa que te ame
1997El fin de los sueños
2001 Rosencratz y Guilderstein han muerto
2008 Edipo rey (Festival de teatro de Mérida)
2011 Yo, el heredero
2015 Atchusss
AnoCategoríaPelículaResultado
2003Fotogramas de Plata ó mellor actor de cineDías de fútbolCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2005Mellor actor secundarioEl métodoCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2003Mellor actor protagonista de cineDías de fútbolCandidato
2002Mellor actor protagonista de cineEl otro lado de la camaCandidato
1995Mellor intérprete secundario de cineTengo una casaCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2003Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonistaDías de fútbolCandidato
1998Premio Goya ó mellor actor revelaciónLos años bárbarosCandidato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]