Saltar ao contido

Mar de plástico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mar de plástico
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
22 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
19 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de episodios26 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt4719586 Filmaffinity: 462303
Facebook: mardeplastico Twitter: mardplastico Netlix: 80127464 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Mar de plástico é unha serie de televisión española producida por Boomerang TV para Antena 3. A súa estrea foi o 22 de setembro de 2015 de maneira simultánea en Antena 3, Neox, Nova e Mega.

Todo comeza nunha noite calorosa. A moza Ainhoa Sánchez Almunia (Mara López), filla da alcaldesa da localidade almeriense de Campoamargo onde conviven un amplo crisol de culturas, acode a unha cita nos plásticos. As luces da comarca apáganse e a nova é brutalmente atacada en plena escuridade. Á mañá seguinte, os cultivos réganse con sangue e ninguén sabe nada da moza desaparecida. Ese mesmo día chega ao pobo Héctor Aguirre (Rodolfo Sancho), sarxento da Garda Civil e xefe da Policía Xudicial.

Héctor é un excombatente de Afganistán que arrastra un tortuoso pasado tanto no persoal como no profesional. Para el comeza a investigación máis difícil e perigosa da súa carreira, e descifrar os motivos que levaron ao asasino a perpetrar o crime converterase na súa principal inquietude. Alguén matou a Ainhoa e calquera podería ser o autor deste estraño crime. Moitos teñen motivos, moi poucos coartada. Todos na vila son sospeitosos, pero só un é o culpable.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]