Saltar ao contido

Vento e chuvia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vento e chuvia
 Instancia de
 Título
Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (gl) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Organizacións
 Editorial
Datas
 Data de publicación
novembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Número de páxinas152 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia é un libro de Manuel Gago Mariño, con ilustracións de Manel Cráneo, publicado por Edicións Xerais en novembro de 2013.[1] É un proxecto editorial de ficción divulgativa sobre a mitoloxía da antiga Gallaecia.

Vento e chuvia narra as historias de varios seres mitolóxicos e divinos adorados hai máis de dous mil anos en Galicia, durante a coñecida como Idade de Ferro. Parte de seres nados na primeira idade, algúns animais como as serpes Besiba e Is, o salmón dourado, o corvo Graio, o cabalo Ecoine, o lobo Oubou e o boi Bo Gallardo, e outros humanoides como Elaídna, Bror e Brunme. A partir deles nacen algúns humanos da segunda idade, tidos por divindades da mitoloxía galega na cultura castrexa como Bandua, Berobreos, Bormánico, Cossue, Lugoue, Nauia, Reue ou Vestio Alonieco.

Con estes personaxes vai trazando varias historias nas que describe a posible vida cotiá na cultura castrexa, con comercio, loitas e acordos con outros pobos, amais das súas crenzas e rituais sagrados.

Narración

[editar | editar a fonte]

O texto está escrito en terceira persoa, cun narrador omnisciente. Contén numerosos apuntamentos a pé de páxina con indicacións sobre a antroponimia e toponimia de orixe celta.

A pesar de ser un libro de ficción destinado á divulgación, conta cunha fonda base científica, e inclúe un posfacio do historiador Marco Virgilio García Quintela e numerosas referencias bibliográficas. Moita da información procede de escavacións arqueolóxicas realizadas en poboados castrexos pouco antes da publicación do libro, como os castros de Besomaño (Ribadumia). Outros castros mencionados decote no libro son os de San Cibrao de Las ou Trega.

O libro ten unha páxina web na que se poden ver contidos extras accedendo cun código que trae impreso o libro.

  1. CulturaGalega (ed.). "Vento e chuvia de Edicións Xerais". Consultado o 23 de xullo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]