Valie Export

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValie Export

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de-at) Waltraud Lehner Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Linz, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Colonia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema , artista de performance , produtora de televisión , artista de instalacións , multimedia artist (en) Traducir , videoartista , pintora , fotoxornalista , escultora , artista visual , cineasta , profesora universitaria , fotógrafa , guionista , new media artist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademy of Media Arts Cologne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MAERZ (en) Traducir (1979–) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoInstalación e Videoarte Editar o valor em Wikidata
MovementoNew media art (en) Traducir, Arte feminista (pt) Traducir, Viennese Actionism (en) Traducir, performance (pt) Traducir e Arte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteElectronic Arts Intermix (en) Traducir, Video Data Bank (en) Traducir, Light Cone (en) Traducir e LIMA (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalPeter Weibel (pt) Traducir: Valie Export & Peter Weibel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Páxina webvalieexport.at Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0264072 Allocine: 12288 Allmovie: p89231
Discogs: 441267 Editar o valor em Wikidata
Escultura en Allensteig.

Valie Export tamén VALIE EXPORT, nada en Linz o 17 de maio de 1940, o seu nome de nacemento é Waltraud Lehner e despois da súa voda Waltraud Höllinger, é unha artista feminista austríaca. O seu traballo inclúe videoinstalacións, performances, cine expandido, animacións de computador, fotografía, escultura e publicacións sobre arte contemporánea. É unha das artistas pioneiras en analizar as políticas de xénero. Na súa creación abórdanse temas como a identidade, o sexo e o corpo como modo de expresión e linguaxe.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Até os 14 anos foi educada nun convento e máis tarde estudou na Escola de Artes e Oficios de Linz.

Os seus inicios artísticos estiveron vencellados ao accionismo vienés dos anos 60, un movemento formado no seu maior parte por homes, e que tiña no propio corpo o campo de formulación artística esencial, coa realización de performances que buscaban tirar da súa comodidade a unha sociedade austríaca que se volveu a acomodar na normalidade con gran rapidez unha vez finalizada a segunda guerra mundial.

A súa identidade como muller e a procura dun camiño persoal, levouna a entrar de cheo en reflexións sobre o papel que desempeñara historicamente a muller na historia da arte, e como os esquemas patriarcais definiran dunha maneira determinada a identidade feminina incorporándose de cheo nos postulados dunha arte feminista.[2]

En 1967 inventou e adoptou o seu nome artístico "VALIE EXPORT", un concepto e logotipo que lle dará nome o resto da súa carreira e que debe ser escrito en maiúsculas. Rexeitando os apelidos do seu pai e do seu marido, colle o termo dunha marca de cigarros.

Nun dos seus primeiros traballos, o seu rostro ocupaba cunha fotografía (Selbsproträt, 1968) un paquete de cigarros cuxo logotipo fora manipulado e cunha lenda en latín e alemán "Semper et ubique, Immer und Uberall" (sempre e ubicua), unha forma de significarse como unha muller cuxa marca é froito da súa vontade e non da imaxe sexista que a iconografía occidental construía delas.[1]

O seu traballo é relevante dentro da historia da arte feminista grazas ás súas "performances de guerrilla".

Desde 1995/1996 é catedrática de performance multimedia na Academia de Media Kunst|Kunsthochschule für Medien de Colonia, Alemaña.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Splitscreen - Solipsismus (1968)
  • INTERRUPTED LINE (1971)
  • ...Remote…Remote... (1973)
  • Mann & Frau & Animal (1973)
  • Adjungierte Dislokationen (1973)
  • Invisible Adversaries (Unsichtbare Gegner, 1976)
  • Menschenfrauen (1977)
  • Syntagma (1983)
  • The Practice of Love (Die Praxis der Liebe, 1984)
  • I turn over the pictures of my voice in my head (2008)

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • 1997 Split Reality: VALIE EXPORT. Mumok, 20er Haus, Viena
  • 2004 VALIE EXPORT. Camden Arts Centre, Londres
  • 2007 VALIE EXPORT. Centre Georges Pompidou, París
  • 2010 Zeit und Gegenzeit. Österreichische Galerie Belvedere, Wien, after at the Museion, Bolzano
  • 2012 VALIE EXPORT Archiv. Kunsthaus Bregenz, Bregenz

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1990: City of Vienna Prize for Visual Arts
  • 1992: Austrian Prize for video and media art
  • 1995: Sculpture Award at the Generali Foundation
  • 1997: Gabriele Münter Prize
  • 2000: Oskar Kokoschka Prize
  • 2000: Alfred Kubin Prize Big Price culture of Upper Austria
  • 2003: Gold Medal for services to the City of Vienna
  • 2005: Austrian Decoration for Science and Art
  • 2009: Honorary Doctorate of the University of Arts and Industrial Design Linz
  • 2010: Grand Gold Decoration for Services to the Republic of Austria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 País, Ediciones El (17 de xaneiro de 2004). "Reportaje | Valie Export: la mirada resistente" (en castelán). Consultado o 31 de xulo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Bock, ans-Michael; Bergfelder, im (30 de setembro de 2009). The Concise Cinegraph: Encyclopaedia of German Cinema (en inglés). Berghahn Books. ISBN 9780857455659. Consultado o 31 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]