Triesen
Coordenadas: 47°07′00″N 09°31′00″L / 47.11667, -9.51667
Triesen | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 512 msnm | ||
Superficie | 26,4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4.827 hab. (2010) | ||
Densidade | 182 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 9495 | ||
Alcalde | Günter Mahl | ||
www.triesen.li |
Triesen é un concello situado no sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.827 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte co municipio de Vaduz, ao leste con Triesenberg, ao sueste con exclaves dos municipios de Vaduz, Schaan e Balzers, ao sur con Maienfeld (Suíza) e Fläsch (Suíza), ao suroeste con Balzers, e ao oeste con Wartau (Suíza) e Sevelen (Suíza).
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Piscina municipal de Triesen.
- Banco Nacional de Triesen (unha das construcións máis modernas).
- Circuíto de motocross.
- Igrexa de St. Mamerten.
- Igrexa de St. Gallus.
- Galería de arte de Triesen.
Comunicacións[editar | editar a fonte]
Triesen é un dos municipios máis grandes do país, polo que está moi ben comunicado. Triesen posúe varias paradas de autobús e unha estación. Respecto doutros transportes, destaca o automóbil e unha estación de tren, chamada Forst Hilti. O outro transporte, ademais de ser o máis rendible é o menos contaminante, é a bicicleta. Desde Triesen parten numerosos carrís bici que comunican a cidade con outras localidades como Vaduz, Schaan ou Balzers.
Deportes[editar | editar a fonte]
O FC Triesen é un dos poucos equipos de Liechtenstein que xogan en Suíza. Como Triesen se atopa nun val rodeado de altas montañas, o deporte máis practicado é o esquí, así como outros deportes de inverno. Outros deportes importantes son a patinaxe sobre xeo e a natación, xa que hai unha piscina municipal cuberta. O circuíto de motocross de Triesen é o único que hai no país.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triesen |