Triesenberg
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Liechtenstein | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.643 (2019) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 29,8 km² | ||||
| Altitude | 884 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Hubert Sele (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9497 | ||||
| Prefixo telefónico | 7004 | ||||
| ISO 3166-2 | LI-10 | ||||
| Sitio web | triesenberg.li | ||||
Triesenberg é un concello situado na metade sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 2.562 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte coa cidade de Vaduz, ao nordés con Schaan e Planken, ao leste con exclaves de Schaan, Balzers e Vaduz, ao sur con Triesen e un exclave de Balzers, e ao oeste con Triesen. Ademais grazas ao seu exclave limita tamén co municipio de Nenzing (Austria).
O municipio está formado polas localidades de Triesenberg, Masescha, Silum, Gaflei, Steg e Malbun.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Parroquia de Triesenberg.
- Concello da cidade.
- Pista de esquí de Triesenberg.
- Museo Walzer (museo de historia da cidade).

Comunicacións
[editar | editar a fonte]En Triesenberg hai teleférico para acceder ao alto da montaña, e que é visitado todos os anos por miles de turistas. Para chegar á cidade, pódese coller un dos moitos autobuses que comunican todo o país. Tamén se pode ir en coche ou en bicicleta, xa que hai moitos carrís bici. No municipio hai cinco pequenas aldeas, conectadas por unha rede de autobuses.
Deporte
[editar | editar a fonte]O FC Triesenberg é un dos sete equipos que hai en Liechtenstein. Aínda que o deporte máis importante da cidade é o fútbol, outros importantes son o esquí e o snowboard, que se practican na estación de esquí que hai preto da cidade. Tamén se practican o hóckey e o balonmán, e estase a promover o ciclismo na cidade. En inverno realízase unha maratón que percorre o municipio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triesenberg |
