Planken
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Liechtenstein | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 478 (2019) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 5,3 km² | ||||
| Altitude | 786 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Rainer Beck | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9498 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 7006 | ||||
| ISO 3166-2 | LI-05 | ||||
| Sitio web | planken.li | ||||
Planken é un concello situado na metade norte do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 425 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Limita ao norte cos municipios de Gamprin e Mauren, ao leste con Frastanz (Austria), e ao sur e oeste con Schaan. Ademais posúe un exclave, grazas ao cal limita tamén con Balzers e Triesenberg.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Concello de Planken.
- Castelo de Planken.
- Edificio do Réxime Local.
- Capela de St. Josef.
- Gemeinde de Planken.
- Gruta de Gafadurahütte.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A localidade de Planken posúe un pequeno tranvía que opera todos os días. Tamén se pode empregar a bicicleta, xa que hai un carril para transeúntes, un para bicicletas e un para os coches. O terceiro transporte máis usado é o autobús que enlaza Planken con cidades como Ruggell, Balzers ou Schaan, entre outras. Para rematar, destaca o uso do automóbil e do tren, aínda que a estación máis próxima estea en Schaan.
Deporte
[editar | editar a fonte]O pobo de Planken anima ao FC Schaan, do veciño municipio homónimo. Aínda así, a cidade tivo un equipo de fútbol que desapareceu logo dun ano da súa creación. Con todo, Planken ten un dos mellores clubs de wáter-polo do país. Outros deportes moi practicado na localidade son a natación, o hóckey e os deportes de inverno. Ademais, en Planken atópase unha das mellores estacións de esquí de Liechtenstein.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Planken |
