Saltar ao contido

Víctor Eimil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Eimil
Nome orixinalVíctor Eimil García
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Vilalba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral dereito

Víctor Eimil García, nado en Vilalba o 18 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Guadalajara, da Segunda Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Racing Vilalbés, onde tivo como adestrador a Paco Corredoira, técnico que deixou unha profunda pegada nel, especialmente trala morte de seu pai.[1] En segundo ano de cadete incorporouse ao Deportivo da Coruña, do que era afeccionado dende pequeno.[2]

No seu primeiro ano no Deportivo xogou como extremo xunto a Boedo e Mosquera, anotando máis de 20 goles cada un deles.[1] Con todo, na súa etapa no equipo xuvenil foi reconvertido como lateral dereito. En 2017 saíu cedido ao Laracha, club que en 2018 se converteu no segundo filial deportivista, e no que Eimil xogou durante dúas campañas en Terceira División. Na segunda delas disputou os seus primeiros partidos co Fabril, na Segunda División B, e no 2019/20 converteuse en xogador fabrilista a tódolos efectos, xa en Terceira, tralo descenso do filial na tempada anterior.

Entre 2020 e 2022 xogou no Arenteiro, proclamándose na súa primeira tempada campión da Terceira División e ascendendo así á Segunda División RFEF. Na 2021/22 foi titular na vitoria sobre a SD Logroñés na Copa do Rei e no histórico partido contra o Valencia no Espiñedo.[3][4] Disputou un total de 54 encontros co club do Carballiño, anotando 7 goles.

A continuación xogou un ano no Hércules, tamén de Segunda RFEF, xogando 24 partidos e marcando un gol. Para a tempada 2023/24 aceptou unha oferta do Real Unión, da Primeira División RFEF, equipo adestrado polo galego Fran Justo e onde coincidiu co tamén galego Antón Escobar.[5] Militou dúas campañas no club vasco, sumando 56 partidos oficiais e 2 goles, pero no seu segundo curso descendeu á Segunda Federación.

Para a tempada 2025/26 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra, que viña de ascender á Primeira Federación.[6] Co conxunto granate disputou 29 encontros, 17 deles como titular, e anotou dous goles. No verán de 2026 fichou polo Guadalajara, da Segunda Federación.[7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Arenteiro
  1. 1 2 "Foguete vilalbés dirección fútbol profesional". 18 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023.
  2. ↑ Miranda, Carlos (31 de outubro de 2023). "Víctor Eimil: “En mi casa siempre hubo banderas, cuadros y tazas del Deportivo”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
  3. ↑ Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "O Arenteiro apea ao Logroñés e soña cun Primeira en Espiñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de novembro de 2023.
  4. ↑ Álvarez, Fernando (16 de decembro de 2021). "El Valencia sufre un tormento antes de tumbar a un inmenso Arenteiro". Marca (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
  5. ↑ Pereira, Eder (4 de novembro de 2023). "El Real Unión más 'gallego'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
  6. ↑ "O Pontevedra ficha o lateral Héctor Hernández". Diario de Pontevedra. 27 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024.
  7. ↑ "Víctor Eimil refuerza el lateral derecho del Deportivo Guadalajara" (en castelán). 22 de xullo de 2026. Consultado o 30 de xullo de 2026.