Saltar ao contido

Urbano R. Moledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUrbano R. Moledo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Urbano Rodríguez Moledo Editar o valor en Wikidata
1902 Editar o valor en Wikidata
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Monte do Castro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1368991 BUSC: rodriguez-moledo-urbano-1912-1936 Nomes e Voces: 909

Urbano Rodríguez Moledo,[1] nado en Marín en 1902 e finado en Vigo o 10 de decembro de 1936, foi un sindicalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Activista sindical, comprometido coas Juventudes Socialistas de Marín, colaborou en La Raza, Nueva Aurora e El Pueblo. Instalado en Vigo, durante a Segunda República foi dirixente da UXT. Animador societario e cultural no concello de Lavadores, presidiu o Ateneo Deportivo Obreiro, onde dirixiu o cadro de declamación "Máximo Gorki", que interpretou algunhas das súas pezas dramáticas.

Escritor en lingua galega, baixo o influxo das Irmandades da Fala, cunha gran vocación teatral, manifestada dende 1921 como actor, director e autor de media ducia de pezas entre elas Orfo do mar, un monólogo dramático, que foi publicado en Nueva Aurora e púxose en escena nunha función teatral organizada pola Juventud Socialista coa dirección de Antonio Blanco Porto,[2] e A volta da perdida (traxedia rural estreada en 1933 pola sociedade La Aurora de Sárdoma -a obriña de teatro inédita, incautada cando Moledo foi detido foi utilizada como proba inculpatoria no seu consello de guerra-). É autor dunha zarzuela O Pirmeiro amor con música de Ángel Teijeiro, estreada no Teatro García Barbón. En 1928 publicou o poemario Dolmen, influenciado por Ramón Cabanillas e Amado Carballo; dedicoulle unha serie de poemas a Manuel Antonio e mantivo contacto literario con Amado Carballo e Losada Diéguez. A súa lírica achégase ao costumismo. Tamén escribiu dúas novela curtas (Maruxa e Francisco José, en castelán, inédita).

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xunto a outras vinte e cinco persoas, tras o asalto realizado o 22 de xullo de 1936, por parte de membros da resistencia popular, ao chalé de Estanislao Núñez Barrios no Seixo, no que o empresario foi asasinado. Xulgado en consello de guerra, foi sentenciado a pena de morte o 26 de novembro de 1936, culpado por ser "Presidente de la Sociedad Comunista Ateneo Cultural de Lavadores, en cuyo local se repartían armas a los revolucionarios". Foi executado o 10 de decembro nas inmediacións do castelo do Castro con Constante Moreda Vázquez, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu, Luís Martínez Román, Manuel Moreda Outeiral e José Moreda Vázquez.[3].

  • Orfo do mar, monólogo dramático, 1921.
  • Dolmen (Versos Gallegos), adicados a M. Ventura Balañá, 1927.
  • A volta da perdida, Ediciós do Castro, 2007. Edición e estudo biográfico e literario de Rexina Vega.
  1. Nas obras de consulta adoita aparece pola "M" de Moledo, vid. DEGU, EGU
  2. Marco, Aurora (2003). Ramiro Paz Carbajal 1891-1936. Unha vida segada pola barbarie. Noia: Toxosoutos. p. 44. ISBN 84-96259-03-X. 
  3. "Homenaje a los fusilados", La Voz de Galicia, Vigo, 11-12-2005, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]