Federación Deportiva de Estudantes de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Deportiva de Estudantes de Delft (en neerlandés: Delftse Studenten Sport Federatie - DSSF-) é o consello de estudantes pertencente á Universidade de Tecnoloxía de Delft, nos Países Baixos, que se encarga da xestión do club deportivo desta universidade. A súa sede está situada no centro deportivo e cultural da TU Delft.[1][2]

Do mesmo xeito que os consellos deportivos estudantís doutras moitas universidades dos Países Baixos, o DSSF está afiliado á federación nacional Studentensport Nederland.

Cada ano, a DSSF envía os seus equipos para participar, entre outras competicións, no Gran Campionato de Estudantes dos Países Baixos (Groot Nederlands Studenten Kampioenschap -GNSK-), que en 2008 se orgazizou na cidade de Delft, e no Batavierenrace (unha carreira de remudas de 185 quilómetros que ten lugar anualmente en abril, entre as universidades de Nimega e de Twente, en Enschede, que atravesa territorio alemán).[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición da DSSF[Ligazón morta] na Unionpedia. (En neerlandés)
  2. A DSSF Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. no directorio de asociacións da Universidade de Tecnoloxía de Delft. (En neerlandés)
  3. Información no sitio web da GNSK. (En nerrlandés)
  4. Información no sitio web de Batavierenrace. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]