Algorta
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | País Vasco | |||
| Provincia | Biscaia | |||
| Concello | Getxo | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 38.982 (2013) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 49 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 48991, 48992 e 48993 | |||

Algorta é un barrio da cidade de Getxo, en Biscaia. É o maior núcleo de poboación do concello con 39.184 habitantes (2008).
O seu centro neurálxico é a praza da Estación ou praza do Metro, na rúa Telletxe. Nesa zona atópase a maior parte do comercio do barrio. Articúlase arredor da avenida Basagoiti, peonil e que une as prazas históricas da localidade, as de San Nicolás e San Ignacio.
O barrio pode dividirse en pequenos barrios como son: Sarrikobaso, Fadura, Villamonte, Alango, Aldapa e Portu Zaharra.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Algorta |
