Tupolev
Tupolev | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Fundación | 1922 |
Localización | Moscova, Rusia ![]() |
Fundador | Andrei Tupolev |
Industria | defensa e aeronáutica |
Número de empregados | 3.524 (2011) |
Na rede | |
http://www.tupolev.ru | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tupolev (ruso: Ту́полев) é unha compañía rusa de defensa e aeronáutica coa súa sede en Moscova. Coñecida oficialmente como Joint Stock Company Tupolev, é a sucesora de Tupolev OKB (Opytno Konstruktórskoye Biuró, oficina de construción e deseño), liderada polo enxeñeiro aeroespacial soviético Andrei Tupolev. A compañía celebrou o seu 90 aniversario o 22 de outubro do ano 2012. O goberno ruso fusionou Tupolev con Mikoyan, Ilyushin, Irkut, Sukhoi e Yakovlev para formar unha compañía chamada United Aircraft Corporation.[1]
As capacidades de PSC Tupolev inclúen o desenvolvemento, fabricación e revisión de produtos aeroespaciais civís e militares e de sistemas de armas. Tamén traballa en tecnoloxías de mísiles e aviación naval. Máis de 18.000 avións Tupolev foron producidos pola URSS e o Bloque do leste.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The New York Times (ed.). "Russian Aircraft Industry Seeks Revival Through Merger". Consultado o 7 de xullo de 2018.