Tupolev Tu-70

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tupolev Tu-70
Tupoljev Tu-70.svg
Tipopasaxeiros
FabricanteTupolev
Primeiro voo27 de novembro de 1946
Estadocancelado
Unidades construídas1
VariantesTupolev Tu-75

O Tupolev Tu-70 (designación OTAN: Cart) foi unha variante de pasaxeiros do bombardeiro soviético Tu-4 (que fora unha copia do Boeing B-29 Superfortress realizada mediante enxeñaría inversa) deseñada inmediatamente despois do final da segunda guerra mundial. Usaba varios compoñentes de Boeing B-29 que realizaran aterraxes de emerxencia na Unión Soviética despois de quedar sen combustible tras bombardear Xapón. Tivo a primeira fuselaxe presurizada da Unión Soviética e voou por vez primeira o 27 de novembro de 1946.[1] O avión probouse con éxito e foi recomendado para a fabricación en serie, pero finalmente non foi producido debido a que había máis presión por fabricar avións militares e porque Aeroflot non tiña requerimentos para un aparello dese tipo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gordon, p. 105

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gordon, Yefim; Rigamant, Vladimir (2005). OKB Tupolev: A History of the Design Bureau and its Aircraft. Hinckley, Inglaterra: Midland Publishing. ISBN 1-85780-214-4.