Saltar ao contido

Tristana (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tristana
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalTristana
DirectorLuis Buñuel
Produtor
Guión
Baseado enTristana de Benito Pérez Galdós
Intérpretes
FotografíaJosé F. Aguayo
MontaxePedro del Rey
Estudio
  • Talía Film
  • Época Film
  • Selenia Cinematografica
  • Les Films Corona
Distribuidora
  • Mercurio Films S.A. (España)
  • Valoria Films (Francia)[1]
  • Dear Film (Italia)
Estrea29 de marzo de 1970[2]
Duración100 minutos
OrixeEspaña España
Francia
Italia Italia
XéneroDrama
Recadación3,3 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt0066491 Filmaffinity: 923216 Allocine: 1267 Rottentomatoes: m/tristana Allmovie: am23350 TCM: 93942 Metacritic: movie/tristana-re-release TV.com: movies/tristana Editar o valor en Wikidata

Tristana é un filme de 1970 dirixido por Luis Buñuel, baseado na novela homónima de 1892 escrita por Benito Pérez Galdós. É unha coprodución entre España, Italia e Francia.[4] Está protagonizado por Catherine Deneuve e Fernando Rey e foi rodado en Toledo, España. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 43ª edición dos premios.

A acción desenvólvese en Toledo. Ao morrer os seus pais, Tristana é confiada a don Lope, un sedutor en declive que xa pasou o seu momento, mais non é capaz de aceptar a súa caducidade. Don Lope seduce a Tristana e esta convértese na súa amante dende os dezanove anos ata os vinte e un. Ela, á que el considera a súa filla e a súa muller, pídelle que a deixe estudar música e arte para poder independizarse. Tristana namórase de Horacio, un pintor que tamén sente o mesmo por ela e acaba marchando con el a Madrid. Tristana sofre un cancro de xeonllo e como consecuencia teñen que amputarlle a perna. Horacio desinterésase por ela e Tristana volve a Toledo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. UniFrance (ed.). "Tristana de Luis Buñuel (1970)". Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  2. "Tristana". SensaCine. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  3. "Tristana (1970)". Jpbox-office.com. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  4. "Tristana". p. Lumiere. Consultado o 28 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]