Moinești

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casa do concello.

Moineşti é unha cidade do distrito de Bacău en Romanía, cun censo de 24.210 persoas en 2002.

O nome da cidade deriva da palabra romanesa moină, que quere dicir "orballo" (e tamén "en barbeito"). Moineşti albergou no pasado unha numerosa comunidade xudía. En 2001 obtivo a categoría de concello.

Historia[editar | editar a fonte]

  • 1467 - Primeira mención documental. Aparece tamén o seu nome nun escrito, Descriptio Moldaviae, do humanista Dimitrie Cantemir.
  • 1783 - Moineşti incluída no mapa Bawer.
  • 1832 - Primeira mención como vila con dereito a feiras. Tiña 188 casas e 588 habitantes. Nesta época fórmase unha poderosa comunidade hebraica, que se mantén ata a instauración do comunismo.
  • 1921 - Moineşti declarada comună urbană (termo preto de cidade, pero sin chegar a selo). No período de entre guerras, a vila coñeceu un desenvolvemento importante.
  • 2001 - Moineşti convértese nun concello.

Xeografía e recursos naturais[editar | editar a fonte]

Atopándose na intersección entre os Cárpatos Orientais e os Subcárpatos, a zona da vila de Moinesti conta con recursos naturais como petróleo, gas natural, sal e masas forestais.