Trisquel GNU/Linux
| Trisquel GNU/Linux | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Obra derivada
| |||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Creador/a
| |||||||||
| Produción | |||||||||
|
Versións
11.0 versión estábel (19 de marzo de 2023)
10.0 versión estábel (31 de xaneiro de 2022) 10.0.1 versión estábel (26 de maio de 2022) 9.0.1 versión estábel (valor descoñecido) 9.0.2 legacy version (en) 4.0 (18 de setembro de 2010) 9.0 (16 de outubro de 2020) 8.0 (18 de abril de 2018) 2.0 (24 de xullo de 2008) 1.0 (30 de xaneiro de 2007) 3.5 (22 de marzo de 2010) 7.0 (3 de novembro de 2014) 3.0 (8 de setembro de 2009) 6.0 (9 de marzo de 2013) 4.5 (24 de marzo de 2011) 5.0 (17 de setembro de 2011) 5.5 (16 de abril de 2012) | |||||||||
|
Licenza
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Plataforma
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A versión Dwyn inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés. A última versión (marzo de 2018) é a 8.0 TLS e leva por nome Flidas.
O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.
O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto conta cos seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.
En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.
Diferenzas con Ubuntu
[editar | editar a fonte]A diferenza de Ubuntu, Trisquel GNU/Linux eliminou todos os paquetes que non fosen software libre, substituíu o kernel orixinal por unha versión libre, e incluíu así mesmo paquetes alternativos.
Edicións
[editar | editar a fonte]Existen tres distribucións do proxecto dispoñibles para descarga. A denominada sinxelamente Trisquel está destinada a escritorio e uso persoal e que usa o escritorio MATE 1.12.[1] Ademais liberase a Trisquel Mini, unha versión lixeira con LXDE, e Trisquel Sugar TOAST, preparada para o espazo educativo co proxecto Sugar.[1] Todas elas están dispoñibles como imaxes iso para plataformas de 32 e de 64 bits. Dende a páxina oficial pódese descargar un Live-CD de cada unha delas excepto de Trisquel Pro xa que por mor do seu tamaño precisa ser gravada nun DVD-R.
Trisquel
[editar | editar a fonte]A principal edición da distribución está deseñada para uso "caseiro", incluíndo soporte para redes, multimedia, deseño, oficina e desenvolvemento informático así coma varios xogos. Inclúe soporte e recursos para facer traballar DVD's e a maioría dos formatos de son e vídeo por defecto.
Trisquel Edu
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

O 21 de setembro de 2008 foi ceibada a primeira candidata para esta ferramenta educativa. Estaba baseada nas experiencias previas do proxecto no eido da ensinanza -debido ao seu vencellamento ao mundo universitario as primeiras versións de Trisquel incluían un bo feixe de ferramentas científicas, de enxeñería e tamén especificamente de ensinanza. Inclúe soporte para encerados dixitais de baixo custo que usan proxectores LCD e o control remoto da Nintendo Wii e software gratuíto específico que permite ser utilizado no canto doutras solucións de hardware máis custosas.
Trisquel Pro
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Trisquel Pro é un sistema operativo destinado a pequenas empresas. Inclúe un conxunto de programas para xestión da empresa como Abanq, OpenbravoPOS e GnuCash entre outros. A escolma de aplicacións está complimentada con varias ferramentas versatis (all-purpose) que inclúen un firewall en modo gráfico, antivirus para escanear as particións Windows, e o Wine. Foi ceibado oficialmente na feira SIMO en novembro do 2007.
Lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Lenda: | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sen soporte | versión actual | en desenvolvemento | |||
| Versión | Nome | Data de lanzamento | Tipo | Soporte ata | Base |
|---|---|---|---|---|---|
| 0.9 | Fyre | 10 de outubro de 2004 | Debian Unstable | ||
| 0.95 | Ogmios | 6 de marzo de 2006 | Debian Unstable | ||
| 0.97 | Morrigan | 6 de xullo de 2006 | Debian Unstable | ||
| 0.99 | Nemain | 15 de xaneiro de 2007 | Debian Unstable | ||
| 1.0 | Arianrhod | 30 de xaneiro de 2007 | Debian 4.0 Etch | ||
| 1.5 | Sirona | 25 de outubro de 2007 | Debian Unstable | ||
| 2.0 | Robur | 24 de xullo de 2008 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 2.1 | Robur | 18 de decembro de 2008 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 2.2 | Robur | 8 de agosto de 2009 | LTS | Ubuntu 8.04 (hardy) | |
| 3.0 | Dwyn | 11 de setembro de 2009 | STS | 2011 | Ubuntu 9.04 (jaunty) |
| 3.5 | Awen | 22 de marzo de 2010 | STS | 2011 | Ubuntu 9.10 (karmic) |
| 4.0 | Taranis | 18 de setembro de 2010 | LTS | 2015 | Ubuntu 10.04 (lucid) |
| 4.5 | Slaine | 24 de marzo de 2011 | STS | 2012 | Ubuntu 10.10 (maverick) |
| 5.0 | Dagda | 17 de setembro de 2011 | STS | 2014 | Ubuntu 11.04 (natty) |
| 5.5 | Brigantia | 16 de abril de 2012 | STS | 2014 | Ubuntu 11.10 (oneiric) |
| 6.0 | Toutatis | marzo de 2013 | LTS | 2017 | Ubuntu 12.04 (precise) |
| 7.0 | Belenos | novembro de 2014 | LTS | 2019 | Ubuntu 14.04 (trusty) |
| 8.0[2] | Flidas | 15 de maio de 2018 | LTS | 2020 | Ubuntu 14.04 (trusty) |
| 9.0 | Etiona | - | LTS | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Trisquel 8.0 LTS Flidas" (en castelán). Proxecto Trisquel. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "Trisquel 8.0 LTS Flidas" (en castelán). Proxecto Trisquel. Consultado o 15 de maio de 2015.