Saltar ao contido

Trevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trifolium»)
Trevos (xénero Trifolium)

Trevo irlandés (Trifolium)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Trifolieae
Xénero: Trifolium
L.
Especies

Véxase no texto.

Flor do trevo.

Os trevos son plantas herbáceas da familia das Fabáceas, pertencentes ao xénero Trifolium.

Están caracterizados polas súas follas compostas con tres folíolos e máis pola súa capacidade de fixar atmosférico grazas a bacterias simbióticas acubilladas nas súas raíces. A riqueza en proteínas dalgunhas especies convértea nunha das plantas preferidas para formar padrerías destinadas á alimentación de ruminantes de cría.

Atopar exemplares, máis raros, con follas de catro folíolos (trevo de catro follas) tense popularmente por signo de boa sorte para quen os atope.

Características comúns

[editar | editar a fonte]

Son plantas herbáceas, polo xeral de pequeno talle, algunhas rubideiras, que poden ser vivaces, anuais ou bianuais. Follas de tres folíolos, case sempre dentados, ás veces pintados no seu centro. Flores numerosas agrupadas en cabezas, que lembran capítulos, acios ou espigas. Cálice de cinco dentes, corola típica de fabáceas (estandarte, ás e carena), coas ás máis longas que a carena, e cun estandarte erguido, en xeral incurvado para o arriba na maioría das especies. O androceo é diadelfo (estames enxameados en dous grupos). Os froitos son pequenas vaíñas no interior do cálice, que conteñen dun a catro graos.
Cultívanse varias especies como plantas forraxeiras. Son tamén plantas melíferas.

Os trevos medran en solos húmidos e ben drenados, dende a primavera até o inverno.

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

Shamrock (en gaélico: planta nova de tres follas ou flor do verán) é o nome que recibe o trevo branco irlandés, símbolo do país. A lenda disque San Patricio, patrón de Irlanda, cando estaba a evanxelizar os irlandeses botou man da fisionomía característica da planta para explicar a Santísima Trindade, concepto difícil de asimilar para os nativos.[1].

Comúns en Galiza

[editar | editar a fonte]

Cómpre ter en conta que algunhas plantas doutros xénero reciben o nome vulgar galego de trevo como:

Listaxe completa

[editar | editar a fonte]

Inclúense algúns nomes vulgares en inglés.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]