Carril bici
Aparencia
| Carril bici | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |

Indica a exclusividade da vía para bicicletas, pero non exclúe ás persoas ciclistas de utilizar o resto dos carrís de circulación.
Un carril bici é un tipo de vía ciclista integrada na rúa, exclusiva para bicicletas e habitualmente situada ao mesmo nivel que a calzada. Xeralmente está separado doutros carrís por marcas viarias, elementos de separación ou pola banda de aparcadoiro.[1][2][3]
Pode estar construído ou pintado nunha cor diferente á do resto da calzada e inclúe pictogramas e sinalización específica que indica a exclusividade para bicicletas e o sentido de circulación.[1][3]
Os carrís bici poden clasificarse segundo diferentes criterios:[1][3][4]
Segundo o sentido
[editar | editar a fonte]- Unidireccionais. Permiten a circulación de ciclistas nun único sentido.
- Bidireccionais. Permiten a circulación de bicicletas en ambos os sentidos.
- Carril bici a contramán. Permite a circulación nunha dirección compartindo o espazo con outros vehículos e existindo un carril bici unidireccional exclusivo para o sentido contrario.
- Carril bici unidireccional
- Carril bici bidireccional
- Dobre sentido ciclista a contramán
Segundo a protección
[editar | editar a fonte]Os elementos de protección e separación do resto do tráfico garanten a seguridade das persoas ciclistas. Porén, estes elementos poden impedir a permeabilidade ciclista co resto da calzada.
- Sen protección. Está separado unicamente por pintura ou polo uso dun pavimento diferente ao do resto da rúa.
- Resgardo. Ten un espazo de separación co resto da calzada.
- Protección discontinua. Inclúe elementos de protección separados, permitindo a permeabilidade ciclista co resto da vía, pero impedindo a invasión do carril bici por vehículos motorizados.
- Protección por banda de aparcadoiro. A protección débese ao estacionamento de vehículos.
- Protección continua. O carril bici mantén unha separación continua do resto da vía.
- Sen protección
- Con protección discontinua
- Protexido pola banda de aparcadoiro e espazo de resgardo para a apertura de portas
- Con protección continua
Segundo o nivel
[editar | editar a fonte]- Plataforma única. A altura dos espazos destinados a peóns, bicicletas e, no seu caso, vehículos motorizados é a mesma.
- Nivel de calzada. A altura do carril bici e da calzada é a mesma, pero diferente á da beirarrúa.
- Nivel intermedio. O carril bici está a unha altura diferente da calzada e diferente da beirarrúa.
- Nivel de beirarrúa (beirarrúa bici). A vía ciclista construíuse eliminando espazo peonil, estando á mesma altura ca beirarrúa. Non se considera un carril bici, posto que non ocupa un carril. Non está recomendada debido a que xera conflitos cos peóns, non pacifica o tráfico e non promove un cambio modal.
- Carril bici en plataforma única
- Carril bici a nivel de calzada
- Carril bici a nivel intermedio
Segundo a posición na vía
[editar | editar a fonte]- Lateral. Sitúase nun lateral da calzada.
- Central. Sitúase rodeado doutros carrís.
- Carril bici bidireccional lateral
- Carril bici unidireccional lateral
- Carril bici bidireccional central con protección
- Carril bici unidireccional central sen protección
Segundo a duración
[editar | editar a fonte]- Permanentes. Teñen unha duración indefinida e adoitan requirir unha obra.
- Temporais. Teñen unha duración determinada.
- Carrís bici emerxentes. Son de implementación rápida mediante urbanismo táctico, por unha necesidade ou para avaliar a súa permanencia.
- Carrís bici recreativos. Integrados dentro do movemento internacional de «rúas abertas», son rúas libres de vehículos motorizados durante unhas horas ao día ou durante domingos ou festivos.
- Permanente
- Desvío temporal
- Carril bici emerxente
- Carril bici recreativo
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Bici. Infraestructura ciclista - Portal de datos abiertos del Ayuntamiento de Madrid". datos.madrid.es (en castelán).
- ↑ "Manual para el diseño de vías ciclistas de Cataluña" (PDF). PTOP (Generalitat de Catalunya. Departamento de Política Territorial y Obras Públicas). ISBN 978-84-393-7753-5.[Ligazón morta]
- 1 2 3 "Plan de ciclabilidad para Burgos 2020". Burgos con Bici. 14/9/2020.
- ↑ "Opciones de diseño de la infraestructura ciclista" (PDF). Guía de recomendaciones para el diseño de infraestructura ciclista (Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana).