Tricloroetileno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trichloroethylene-3D-vdW.png

O tricloroetileno (TCE) é unha substancia química de síntese que se presenta en forma de líquido incoloro, non inflamable e de aroma e sabor doce.

Úsase principalmente como solvente para eliminar graxa de partes metálicas, aínda que tamén é un ingrediente en adhesivos líquidos para limpar pintura ou para corrixir escritura a máquina e en quitamanchas.

O TCE é unha substancia sintética que non se produce de forma natural no medio ambiente. Con todo, atopouse en fontes de augas subterráneas e augas superficiais como residuo acumulado da actividade humana da súa manufactura, uso e disposición.

O TCE é canceríxeno e tomar ou respirar niveis altos de tricloroetileno pode producir danos ao sistema nervioso, dano ao fígado e ao pulmón, latexo anormal do corazón, coma e posiblemente a morte.

Efectos no medio ambiente[editar | editar a fonte]

Unha pequena cantidade de TCE disólvese na auga, pero pode permanecer na auga subterránea por longo tempo. Evapórase rapidamente das augas superficiais, de maneira que se atopa correntemente como vapor no aire. Evapórase con menos facilidade do chan que na auga e pode adherirse a partículas e permanecer no chan por longo tempo. Pode adherirse a partículas na auga, polo que eventualmente se afundirá no sedimento do fondo. Non se acumula significativamente nas plantas ou nos animais.

Exposicións ao tricloroetileno[editar | editar a fonte]

  • Ao respirar aire en ou ao redor de vivendas que foron contaminadas con vapores de TCE provenientes da auga de ducha ou de produtos caseiros como quitamanchas e líquido para corrixir a escritura a máquina.
  • Ao tomar, nadar ou ducharse en auga contaminada con TCE.
  • Por contacto con terra contaminada con TCE, como pode ocorrer preto de sitios onde se refugan substancias perigosas.
  • Por contacto da pel ou respirando aire contaminado durante a manufactura de TCE ou usándoo no traballo para quitar pintura ou graxa da pel ou de ferramentas.

Posibilidades de producir cancro[editar | editar a fonte]

Algúns estudos en ratos e en ratas suxeriron que niveis altos de TCE poden producir cancro de fígado ou do pulmón. Algúns estudos en seres humanos expostos por longo tempo a altos niveis de TCE na auga potable ou no aire do traballo demostraron aumento en taxas de cancro. No entanto, estes resultados non son conclusivos xa que o cancro puido ser causado por outros produtos químicos. A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC, polas súas siglas en inglés) determinou que o TCE é probablemente canceríxeno nos seres humanos.

Detección de exposición ao tricloroetileno[editar | editar a fonte]

A exposición recente ao TCE pode detectarse no alento, no sangue ou na urina. Se o exame de alento se leva a cabo con prontitude despois da exposición, pode aínda indicar exposición a unha pequenísima cantidade de TCE.

A exposición a cantidades maiores é verificada por exames de sangue e de urina, os que poden detectar TCE e moitos dos seus produtos de degradación por até unha semana despois da exposición. Con todo, a exposición a outros produtos químicos similares pode producir os mesmos produtos de degradación, de maneira que a súa detección non é proba absoluta de exposición ao TCE. Estes exames non están dispoñibles na maioría dos consultorios médicos, pero poden facerse en laboratorios especiais que teñan o equipo apropiado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]