Traumatismo físico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traumatismo físico
Clasificación e recursos externos
O xeonllo dunha persoa é examinado coa axuda dunha radiografía despois dun traumatismo.
ICD-10S00{{{2}}}-T88{{{2}}}
ICD-9800-999
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Un traumatismo é unha situación con dano físico ó corpo causado por unha forza externa.[1] O traumatismo pode deberse a accidentes, caídas, golpes, armas e outras causas.[1] En medicina, porén, identifícase polo xeral como paciente traumatizado a alguén que sufriu feridas serias que pon en risco a súa vida e que poden resultar en complicacións secundarias tales como shock, paro respiratorio e morte.[2]

En 2013, 4,8 millóns de persoas en todo o mundo morreron por mor dun traumatismos, en comparanza dos 4,3 millóns do ano 1990.[3] Máis do 30% desas mortes foron provocadas por lesións relacionadas con medios de transporte.[3] En 2013, 367 000 nenos menores de cinco anos morreron por traumatismos, supoñendo unha mellora respecto da cifra de 1990 que roldaba as 766 000 persoas.[3]

Traumatismo nos tecidos brandos[editar | editar a fonte]

Considérase unha ferida a perda de continuidade da pel ou das mucosas como consecuencia dun traumatismo, provocando a comunicación do interior do corpo co exterior.

As feridas pódense clasificar segundo o axente que as provoca en incisas, punzantes, contusas, con perda de substancia, por racho e especiais; e segundo o factor de gravidade pola profundidade, localización, extensión, sucias e/ou con corpos estraños no seu interior, con hemorraxia e as non tratadas.

Traumatismos dentais[editar | editar a fonte]

Son lesións que se producen nos dentes, óso e demais tecidos de sostén, como consecuencia dun impacto físico contra os mesmos; a conservación dos tecidos dentarios constitúe o obxectivo primordial neste caso. Unha seria ameaza a este obxectivo significa a frecuencia cada vez maior de nenos, adolescentes afectados que chega a constituír un problema estomatolóxico común que sempre debe ser considerado como unha situación de urxencia a diagnosticar e tratar de inmediato, de forma rápida e certeira polo odontólogo.[4]

Traumatismo nas extremidades[editar | editar a fonte]

Sala de coidados intensivos despois dunha intervención para tratar un traumatismo, obsérvase o equipamento altamente tecnificado que existe nos hospitais modernos.

Como consecuencia da aplicación dunha forza sobre o esqueleto, de forma directa ou indirecta, pódese producir unha lesión nos sistemas ósteo-articulares ou no muscular. Un traumatismo nas extremidades poucas veces orixina unha situación de risco vital pero, dependendo do seu primeiro tratamento, pode ocasionar discapacidades máis ou menos importantes. Para o diagnóstico hai que recorrer normalmente a radiografías, resonancia magnética nuclear, artroscopias e artrocentese.

Traumatismo no cranio e cara[editar | editar a fonte]

Os traumatismos no cranio e na cara son especialmente importantes, xa que a intensidade do golpe pode afectar o sistema nervioso central (SNC), localizado dentro da cavidade cranial. Así, despois dun traumatismo cranial, podémonos atopar ante unha ferida sinxela da cabeza ou a cara, unha fractura cranial, signos de afectación cerebral ou varias delas conxuntamente.

O risco máis importante é a afectación do sistema nervioso central, provocando unha destrución das neuronas cerebrais con secuelas permanentes ou que poden causar a morte do accidentado. Sempre que nos atopemos ante un traumatismo cranial debemos sospeitar a posibilidade dunha lesión na columna vertebral.

Traumatismo na columna vertebral[editar | editar a fonte]

A columna vertebral como conxunto de ósos non presenta un risco pola fractura dunha vértebra en si mesma, senón pola posible lesión que poida producirse na medula espiñal.

A lesión medular implica sempre unha lesión traumática na estrutura músculo esquelética, ósea e nos ligamentos.

Os traumatismos na rexión cervical (pescozo), con independencia das lesións óseas e medulares que poidan existir, poden ter afectadas estruturas brandas, situadas na parte anterior.

Traumatismo no tórax[editar | editar a fonte]

Traumatismos que producen lesións no tórax ou nalgún dos órganos que contén. Os traumatismos torácicos poden comprometer tanto a vía aérea directamente, como as funcións cardíaca e respiratoria, e, polo tanto, implican un risco vital para a vítima.

Segundo o mecanismo de produción, as lesións poden ser pechadas, nas que non existe alteración da pel nin da parede torácica, ou lesións abertas, nas que a cavidade pleural está perforada, e isto comporta o colapso do pulmón e a perda da súa capacidade coa consecuente dificultade respiratoria.

Traumatismo no abdome[editar | editar a fonte]

Calquera alteración que se provoca na cavidade abdominal a consecuencia dun impacto ou agresión externa.

Os traumatismos abdominais poden comprometer a diferentes órganos contidos dentro do abdome que forman parte do aparello dixestivo, a grosos vasos sanguíneos, ao sistema urinario e ó sistema endócrino.

Podemos atoparnos ante lesións pechadas, nas que non existe alteración da pel nin da parede abdominal, ou ante lesións abertas, nas que a parede abdominal foi penetrada por un obxecto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]