Tour Down Under 2018
| Tipo | Tour Down Under |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Parte de | UCI WorldTour 2018 |
| Distancia do evento | 783,8 km |
| Lugar de saída | Port Adelaide (en) |
| Liña de meta | Adelaida |
| Número de participantes | 131, inicio 125, final |
| Participantes | |
AG2R La Mondiale 2018, Astana 2018, BMC Racing 2018, Bora-Hansgrohe 2018, Dimension Data 2018, EF Education First-Drapac 2018, Groupama-FDJ 2018, Lotto-Soudal 2018, Movistar 2018, Mitchelton-Scott 2018, Quick-Step Floors 2018, Sky 2018, Sunweb 2018, Bahrain-Merida 2018, Katusha-Alpecin 2018, Trek-Segafredo 2018, Lotto NL-Jumbo 2018, UAE Emirates 2018 e UniSA-Australia 2018 | |
| Localización e Datas | |
| País | Australia |
| Intervalo de tempo | 16 de xaneiro de 2018 – 21 de xaneiro de 2018 |
| Número de edición | 20 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Daryl Impey Richie Porte Tom-Jelte Slagter Peter Sagan Egan Bernal Nicholas Dlamini Bahrain-Merida 2018 |
| Outro | |
| Páxina web oficial | tourdownunder.com.au |
A 20º edición do Tour Down Under, oficialmente 2018 Santos Tour Down Under, disputouse nos arredores de Adelaida, Australia entre os días 16 e o 21 de xaneiro de 2018. Esta proba, coma todos os anos, foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2018.
A carreira comezou en Port Adelaide e logo dun percorrido de 783,8 quilómetros marcados pola intensa calor[1] rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, co habitual final en alto no outeiro de Willunga.
O gañador foi o surafricano Daryl Impey, que acabou igualado a tempos co local Richie Porte, pero que venceu por ser moito máis regular nas posicións ao final das tiradas, logrando así o característico xersei ocre da proba austral. No terceiro posto da xeral acabou o neerlandés Tom-Jelte Slagter.
No entanto ás clasificacións secundarias, o campión do mundo eslovaco Peter Sagan logrou o maillot verde dos puntos, o surafricano Nicholas Dlamini venceu na montaña, o colombiano Egan Bernal conseguiu o branco dos mozos e o equipo do Bahrain-Merida levou a clasificación dos equipos.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na carreira participaron os 18 conxuntos do UCI WorldTour e un combinado nacional australiano.
Premios económicos
[editar | editar a fonte]Nesta edición, o Tour Down Under repartiu 98.000€ en premios económicos[2][3].
| Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º e 7º | 8º e 9º | 10º a 20º |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación xeral | 12.000 € | 6.000 € | 3.000 € | 1.500 € | 1.200 € | 900 € | 600 € | 300 € |
| Etapas | 4.000 € | 2.000 € | 1.000 € | 500 € | 400 € | 300 € | 200 € | 100 € |
| Clasificación da montaña | 1.200 € | 1.000 € | 500 € | |||||
| Clasificación por puntos | ||||||||
| Clasificación dos xoves | 600 € | 300 € | 200 € | |||||
| Combatividade | 250 € |
Carreira de exhibición
[editar | editar a fonte]People's Choice Classic[4]
[editar | editar a fonte]O 14 de xaneiro, dous días antes do inicio da tempada oficial, celebrouse unha carreira de exhibición en formato de critérium no centro de Adelaida. Este "paseo" consistiu en 22 voltas a un pequeno circuíto de 2,3 quilómetros. Nesta carreira participan os mesmos equipos e corredores ca no propio Tour Down Under. Nesta edición, a décimo terceira, resultou vendedor ao sprint o campión do mundo Peter Sagan.
Resultados da carreira
[editar | editar a fonte]| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| 1 | Bora-Hansgrohe | 1h 4' 25" | |
| 2 | Lotto-Soudal | m.t. | |
| 3 | Mitchelton-Scott | m.t. |
Etapas
[editar | editar a fonte]| Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
| 1.ª | 16 de xaneiro | Port Adelaide-Lyndoch | 145 | ||
| 2.ª | 17 de xaneiro | Unley-Stirling | 148,6 | ||
| 3.ª | 18 de xaneiro | Glenelg-Victor Harbor | 120,5 | ||
| 4.ª | 19 de xaneiro | Norwood-Uraidla | 128,2 | ||
| 5.ª | 20 de xaneiro | McLaren Vale-Willunga Hill |
151,5 | ||
| 6.ª | 21 de xaneiro | Adelaida | 90 | ||
| Total | 783,8 | ||||
|---|---|---|---|---|---|
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:
| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Mitchelton-Scott | 20h 03' 34" | ||
| 2 | BMC Racing Team | m.t. | |
| 3 | Team Dimension Data | + 16" | |
| 4 | UAE Team Emirates | + 20" | |
| 5 | Quick-Step Floors | m.t. | |
| 6 | Team Sky | m.t. | |
| 7 | Bahrain-Merida | m.t. | |
| 8 | Astana | + 23" | |
| 9 | Trek–Segafredo | m.t. | |
| 10 | Team LottoNL–Jumbo | + 24" |
Outras clasificacións
[editar | editar a fonte]Clasificación dos sprints
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Bora | 64 | ||
| 2 | Mitchelton | 56 | |
| 3 | Quick-Step | 52 | |
| 4 | Mitchelton | 42 | |
| 5 | Sunweb | 36 |
Clasificación da montaña
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Dimension | 48 | ||
| 2 | BMC | 36 | |
| 3 | UniSA | 26 | |
| 4 | Lotto | 17 | |
| 5 | BMC | 16 |
Clasificación dos xoves
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Sky | 20h 03' 54" | ||
| 2 | Trek | + 3" | |
| 3 | AG2R | + 4" | |
| 4 | Sunweb | m.t. | |
| 5 | Sunweb | m.t. |
Clasificación por equipos
[editar | editar a fonte]| Pos. | Equipo | Tempo |
|---|---|---|
| 1 | 57h 37' 15" | |
| 2 | + 26" | |
| 3 | + 1' 04" | |
| 4 | + 1' 06" | |
| 5 | + 5' 36" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2ª Tour Down Under: Ewan bate a Impey y es líder". 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 2/4/2018.
- ↑ "Change and continuity as the TDU celebrates 20th anniversary".
- ↑ "El Tour Down Under iguala las pruebas masculina y femenina".
- ↑ "People's Choice Classic 2018". Wikipedia en francés.