Marcos Aboal Vázquez
(Redirixido desde "Pulpiño Viascón")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Marcos Aboal Vázquez | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Nacionalidade | España |
Ocupación | músico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcos Aboal Vázquez, é un músico galego, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante a súa carreira formou parte de grupos como Os verjalludos, Escupe escapa, Irmáns bochechiñas, Os Diplomáticos de Monte Alto, Teck pileck (Frankfurt) ou O Jarbanzo Negro. Ademais, durante este tempo desenvolveu a súa faceta de pallaso en diferentes circos (Barcelona, Suíza...).
Compuxo o tema "In the Ocean", ao que pon voz e toca o serrón musical, que pecha o álbum de Bonovo e que gañou no 2006 a primeira edición do concurso A polo ghit.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodri García (31 de marzo de 2019). "El «primo» del último pirata atlántico". La Voz de Galicia.